Será este martes 17 (día das Letras Galegas) ás 11.30 no Paseo da Calzada. A organización, que desde hai uns anos organiza unha manifestación central en Santiago de Compostela, decidiu este ano facer unha mobilización expansiva, con actos en moitos dos Concellos do país baixo o lema unitario “Paremos os ataques contra o galego”.
En Cambados, perante o monumento a Ramón Cabanillas, varias persoas lerán textos de autores galegos e actuarán a Asociación Cultural Nós de Sobradelo e a Asociación Cultural Xironsa de Cambados.
Ao remate lerase o manifesto da plataforma Queremos Galego para este Día das Letras de 2011, que lembra que quen debería ser o principar valedor do noso idioma, o presidente da Xunta, é hoxe en día o inimigo número 1 do mesmo, e repasa algunhas das reformas levadas a caba por Núñez Feijoo que supoñen un retroceso claro no desevolvemento da nosa lingua propia.
Pregunta 6. Fomentará vostede no goberno a participación e a transparencia? Como?
Víctor Caamaño, candidato do BNG. O fomento da participación é unha aposta clara e imprescindible no programa do BNG. Cambados, tras moitos anos de gobernos do PP, funciona coma unha ditadura municipal. O BNG propón medidas e canles concretas que promoven a participación de veciños e veciñas na vida municipal como son a creación dos Consellos Sectoriais, o Consello Escolar Municipal, A Fundación de Deportes, o Padroado da Festa do Albariño, a Fundación de Estudos Ramón Cabanillas…; tendo especial interese a nosa proposta de creación dunha Web Social Aberta onde estaría reflectida tanto a actividade económica do concello como outro tipo de información (por exemplo os convidados ao xantar do Albariño). A web daría acceso tamén ás redes sociais e permitiría a tramitación de asuntos oficiais a través dela. O BNG neste tema propón medidas concretas que, sen dúbida, enriquecerían a vida municipal para o beneficio de todos e todas.. Máis info no seu blog.
Luis Aragunde, candidato do PP. Sen resposta
(O candidato do Partido Popular ignorou a proposta de Cambados(tk) a pesar de ter sido notificado en igualdade de condicións que os demais candidatos e polo tanto descoñecemos a súa resposta)
Domingo Tabuyo, candidato do PSdeG-PSOE. A transparencia e a participación son para os Socialistas, Culturas e coma tales debemos fomentalas, pero son tamén Cidadanía e crearemos unha área de Cidadanía no Concello, orientada a fomentar a participación, e coa que se elaborarán Presupostos Participativos onde unha parte das inversións sexan decididas polos colectivos sociais, un regulamento de participación nos Plenos, e difundiremos os plans, procesos e proxectos a través das redes informáticas e fomentando a e-administración de verdade, non a dos anuncios do PP. Máis info. na web do PSOE de Cambados
A ENTREVISTA CONTINÚA MAÑÁ CON NOVAS RESPOSTAS
Podes atopar aquí todas as preguntas publicadas até o momento