//
estás a ler...
As entrevistas, Cambados

Entrevista aos candidatos. Participación


Pregunta 6. Fomentará vostede no goberno a participación e a transparencia? Como?

Víctor Caamaño, candidato do BNG. O fomento da participación é unha aposta clara e imprescindible no programa do BNG. Cambados, tras moitos anos de gobernos do PP, funciona coma unha ditadura municipal. O BNG propón medidas e canles concretas que promoven a participación de veciños e veciñas na vida municipal como son a creación dos Consellos  Sectoriais, o Consello Escolar Municipal, A Fundación de Deportes, o Padroado da Festa do Albariño, a Fundación de Estudos Ramón Cabanillas…; tendo especial interese a nosa proposta de creación dunha Web Social Aberta onde estaría reflectida tanto a actividade económica do concello como outro tipo de información (por exemplo os convidados ao xantar do Albariño). A web daría acceso tamén ás redes sociais e permitiría a tramitación de asuntos oficiais a través dela. O BNG neste tema propón medidas concretas que, sen dúbida, enriquecerían a vida municipal para o beneficio de todos e todas.. Máis info no seu blog.

Luis Aragunde, candidato do PP. Sen resposta

(O candidato do Partido Popular ignorou a proposta de Cambados(tk) a pesar de ter sido notificado en igualdade de condicións que os demais candidatos e polo tanto descoñecemos a súa resposta)

Domingo Tabuyo, candidato do PSdeG-PSOE. A transparencia e a participación son para os Socialistas, Culturas e coma tales debemos fomentalas, pero son tamén Cidadanía e crearemos unha área de Cidadanía no Concello, orientada a fomentar a participación, e coa que se elaborarán Presupostos Participativos onde unha parte das inversións sexan decididas polos colectivos sociais, un regulamento de participación nos Plenos, e difundiremos os plans, procesos e proxectos a través das redes informáticas e fomentando a e-administración de verdade, non  a dos anuncios do PP. Máis info. na web do PSOE de Cambados

A ENTREVISTA CONTINÚA MAÑÁ CON NOVAS RESPOSTAS

Podes atopar aquí todas as preguntas publicadas até o momento

Conversa

Os comentarios están pechados.

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: