//
arquivo

Archive for

Entrevista aos candidatos. Urbanismo


Pregunta 8.Contempla o seu programa a redacción inmediata dun PXOM? Que aspectos singulares cre que debe ter en conta unha boa planificación?


Víctor Caamaño, candidato do BNG.Por suposto que é un tema prioritario. Un PXOM permitiranos acadar un proxecto de futuro para Cambados e rematar coa improvisación. É necesitamos un marco que serva de referencia á hora de seguir construíndo o noso pobo; un marco que permita combater a especulación e regular o mercado inmobiliario.
Non podemos seguir emprazando os edificios públicos baseándonos na improvisación; vexase os exemplos lamentables dos novo xulgados e o desastre do contorno das ruínas de Santa Mariña,a estación de autobuses, etc…;queremos que o pobo creza pero con orden e dun xeito racional.
Así como para realizar un bo edificio  é  imprescindible dispoñer dun bo proxecto, se queremos ter un bo pobo é imprescindible que Cambados teña un  plan xeral de calidade,  feito por un equipo técnico de garantía, de probada experiencia nestes temas, que estableza un plan que serva de referencia axeitada para as futuras construcións que vaian configurando o noso contorno e pensando, sobre todo, no uso e goce das persoas. Máis info no seu blog.


Luis Aragunde, candidato do PP. Sen resposta

(O candidato do Partido Popular ignorou a proposta de Cambados(tk) a pesar de ter sido notificado en igualdade de condicións que os demais candidatos e polo tanto descoñecemos a súa resposta)

Domingo Tabuyo, candidato do PSdeG-PSOE.  Non podemos estar máis tempo sen PXOM, sen definir as liñas e as áreas de crecemento do pobo. Un Plan Xeral que debe contemplar a resolución de problemas de ampliación de núcleos tradicionais, compatibilizar eso co desenvolvemento e coa protección dos valores medioambientais e de protección arqueolóxica.  Por non ter PXOM hoxe estamos moito máis afectados pola Lei do Litoral, que limita, condiciona, obriga por ser unha lei de rango superior, e prohibe o desenrolo en áreas nas que estaban previstas bolsas de solo para desenrolar o pobo. Máis info. na web do PSOE de Cambados

A ENTREVISTA CONTINÚA MAÑÁ CON NOVAS RESPOSTAS

Podes atopar aquí todas as preguntas publicadas até o momento

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.