//
arquivo

Archive for

O Valedor informa ao BNG de que lle solicitou a información do Xantar do Albariño ao Concello


Nun escrito oficial con data do 16 de Maio, o Valedor do Pobo informa a Víctor Caamaño de que, a raíz da súa denuncia, esta institución ten solicitado ao Concello a información relativa aos convidados ao Xantar. O BNG quere saber que persoas foron convidadas (con cartos públicos) a comer ese día e cal foi o motivo de cada convite.

Como xa se ten narrado aquí, o Bloque solicitou en varios plenos desde hai meses esta información e Aragunde esquivou en cada ocasión a pregunta, posto que por todos é sabido que a ese Xantar se convida a centos de persoas, moitas das cales nada teñen que ver co mundo do viño e tan só teñen o “mérito” de ser membros do Partido Popular.

En opinión do voceiro e candidato do BNG, Víctor Caamaño, “Luís Aragunde sairase coa súa, pois conseguirá non renderlle contas, antes das eleccións,  aos veciños e veciñas do xeito en como utiliza os cartos  de todos e todas para o beneficio político do PP. Debe quedar moi claro que un alcalde que oculta o destino no que utiliza o diñeiro público, non debe ser digno de ocupar ese cargo.”

E conclúe “O BNG ten claro que en política non vale todo e que os grupos políticos non somos todos iguais. Ademais, o cidadán, no momento de apoiar unha opción política debe ser contundente e rexeitar, claramente, o mal uso ca o goberno do PP leva facendo moitos anos en Cambados.”

Convocatoria pola Democracia Real en Cambados


Saltou hai moi pouco tempo na rede social Tuenti. Un grupo de xóvenes convoca aos cambadeses a unirse á onda de protestas que están a xurdir por todo o Estado. A partires das 20.00 horas comezará a concentración na Praza do Concello, onde tamén terá lugar unha asemblea aberta a todo aquel que queira participar, da que poden xurdir propostas como a que estes días están lanzando desde as diferentes concentracións e que poden ser lidas neste enlace.

Curiosamente arredor desa hora o Partido Popular de Cambados ten programado o seu mitin central na de Peña (lembrar que un dos eixos centrais dos manifestantes é o rexeitamento ao sistema electoral bipartidista, chegando a pedir que non se vote a PP ou PSOE nas vindeiras eleccións).

Recordar tamén que o BNG celebrará a súa festa de fin de campaña no Pub A Pera a partires das 23 horas, haberá música tradicional, unha intervención final de Víctor Caamaño e tocará Skalopendra. Un venres moi completo, e eu penso que se poden compatibilizar ambos plans. En Cambados necesitamos, se cabe aínda en maior medida, moita máis democracia. E o 22 de Maio podemos conseguilo.

[NOTA: A convocatoria non partiu desde o “entorno” de Cambados(tk), aclaración que se fai a raíz dos comentarios que hai nesta publicación]

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.