//
estás a ler...
., Cambados, global

Convocatoria pola Democracia Real en Cambados


Saltou hai moi pouco tempo na rede social Tuenti. Un grupo de xóvenes convoca aos cambadeses a unirse á onda de protestas que están a xurdir por todo o Estado. A partires das 20.00 horas comezará a concentración na Praza do Concello, onde tamén terá lugar unha asemblea aberta a todo aquel que queira participar, da que poden xurdir propostas como a que estes días están lanzando desde as diferentes concentracións e que poden ser lidas neste enlace.

Curiosamente arredor desa hora o Partido Popular de Cambados ten programado o seu mitin central na de Peña (lembrar que un dos eixos centrais dos manifestantes é o rexeitamento ao sistema electoral bipartidista, chegando a pedir que non se vote a PP ou PSOE nas vindeiras eleccións).

Recordar tamén que o BNG celebrará a súa festa de fin de campaña no Pub A Pera a partires das 23 horas, haberá música tradicional, unha intervención final de Víctor Caamaño e tocará Skalopendra. Un venres moi completo, e eu penso que se poden compatibilizar ambos plans. En Cambados necesitamos, se cabe aínda en maior medida, moita máis democracia. E o 22 de Maio podemos conseguilo.

[NOTA: A convocatoria non partiu desde o “entorno” de Cambados(tk), aclaración que se fai a raíz dos comentarios que hai nesta publicación]

Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Convocatoria pola Democracia Real en Cambados

  1. Hola.
    Necesitamos unirmos, en Vilagarcía ya hace unas horas que hemos empezado a unirnos. Veníos para aquí el sabado.

    http://www.facebook.com/event.php?eid=110996568988846

    buscad en Facebook Democracia real Ya Arousa

    Juntos podemos.
    Salud!

    Posted by democracia real ya Arousa | 20/05/2011, 12:14 am
  2. Eu tamén creo que as convocatorias do Salnés deberían ir unidas, se non imos ser catro gatos en cada sitio…

    Posted by Uxía | 20/05/2011, 12:17 am
  3. Claro que a unión faia a forza. Hoxe na concentración diante do Concello, sería interesante que se discuta onde xuntarse a xente do Salnés.

    Posted by Breixo | 20/05/2011, 3:26 pm

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
« Abr   Xuñ »
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: