//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados

Valoración dos resultados das Eleccións de 2011


Xa pasaron as eleccións municipais. Os cidadáns de Cambados falaron, e fixérono alto e claro dándolle outra maioría absoluta máis ao Partido Popular. E esta, a diferenza das dúas anteriores, é indiscutíbel (as outras tambaleábanse de quitar voto emigrante e calquera actividade de dubidosa moralidade como os vínculos laborais co Concello ou feitos tan reprochables como o que acontece cos anciáns do asilo, por poñer exemplos concretos).

Así que si, Cambados Quere, e Cambados obviamente terá PP catro anos máis. Polo tanto, ao remate desta lexislatura os conservadores terán gobernado Cambados 28 anos.

Dito isto, poderíamos facer un breve repaso por partidos. O PP afianza a maioría, como xa dixen, e sobrepasa incluso as predicións dos propios populares (recoñeceuno o propio Aragunde). Deste xeito, os votos ao Partido Popular pasan do 60%, gañando os populares incluso nas mesas do centro da vila (que normalmente daban vitorias a BNG+PSOE). Un resultado moi moi positivo para o PP.

O PSOE cae máis de mil votos e volve ao seu tradicional terceiro posto, do que se desprendera por primeira vez en 2007 ao sobrepasar aos nacionalistas. A perda de concelleiros é de dous, pasando de 5 a 3.

O BNG mantense practicamente cos mesmos votos e tamén co mesmo número de concelleiros, 3, que nas anteriores eleccións.

Facendo unha lectura máis persoal, aínda que era consciente de que era moi difícil que o PP perdera a maioría absoluta (víao posíbel, pero máis difícil que en 2007) non agardaba un resultado tan malo para o cambio.

Canto aos socialistas, coidaba que a súa caída sería incluso maior e que poderían caer até os 2 concelleiros. Pero  na parte que máis me toca, na do BNG, valoro o resultado como malo (por non dicir moi malo), xa que manterse nunha marca como a de hai catro anos nunca pode ser unha boa nova ou un consolo. Agardaba unha suba considerable para o Bloque.

Máis tendo en conta a boa oposición que levou a cabo o Grupo Municipal con Víctor Caamaño á cabeza, que seguiu liderándoa fronte a un PSOE desaparecido na maior parte da lexislatura. E se a isto lle sumo o feito de que considero positiva a campaña que levamos a cabo nos últimos meses, só me ratifico en que este resultado non é para nada bo. Por outra banda, resulta algo inxusto que BNG e PSOE vaian gozar do mesmo número de concelleiros a pesar da diferenza en votos que existe, pero iso xa son cousas da Lei Electoral.

O BNG non foi quen de captar os votos perdidos polo PSOE (e que, ademais, en 2007 viñeran precisamente na súa maioría dos nacionalistas). Os mil e pico votos perdidos polos de Tabuyo levounos integramente o Partido Popular, o que dá tamén unha idea do pouco cariz local que tiveron estes comicios a pesares de ser municipais e non unha reválida de Zapatero, tal e como nolo quixeron plantear desde os medios e en Cambados desde o PP de Aragunde (ao que non lle interesaba electoralmente que se falara da xestión do PP en Cambados).

Desde logo que haberá que analizar que fallou, por que non somos capaces de chegar á cidadanía, como podemos facelo, que cousas temos que mudar. Non creo que a solución pase por “abrandarse” na oposición e ofrecer unha “cara amable”. Eu penso que o BNG nos últimos anos, que eu poida recordar mellor (xa con Roque), se caracterizou por dar a batalla no Concello sempre sempre desde o respecto e as boas formas –que contrastan coas que a miúdo vemos desde as filas do Partido Popular- e que non podemos calar ante temas tan graves como o enchufismo, o amiguismo, a defensa de garantías en obras de tanto calado como a do Saco, na denuncia de especulación no Polígono…e en cantidade de importantes temas para o Concello.

Iso non quita que o fagamos de xeito respectuoso, e sempre aportando propostas e non limitándonos a criticar. Pero iso é algo que xa facemos a día de hoxe, que fixemos especialmente nesta campaña, polo tanto creo que a énfase debe poñerse en: como reconectarmos co cidadán? Por que non estamos a chegar a el?

O BNG debe volver a ser visto polos veciños e veciñas como a única alternativa ao eterno goberno do Partido Popular. E penso que, indo ao “morboso” do asunto, Víctor Caamaño ten que seguir liderando este equipo durante os vindeiros catro anos e polo tanto, ser o vindeiro candidato á alcaldía. Se el e os militantes o queren, por suposto.

Onte, desde a miña humilde opinión, Cambados deu un paso atrás. É evidente que iso non o cren a maioría dos cambadeses, e por iso é tarefa nosa facerllo ver, aos que deron o seu apoio a un Partido Popular que remata por gobernar para uns poucos, e aos moitos que non foron votar ou votaron branco/nulo.

Non é momento de que cunda o desánimo ou o pesimismo. Senón de redobrar esforzos e de poñerse xa en marcha. Traballar, traballar e máis traballar. Non o facemos por nós, senón por tod@s, iso é o que marca a diferenza.

Ánimo e adiante!

Conversa

7 thoughts on “Valoración dos resultados das Eleccións de 2011

  1. Excelente comentario Óscar, é indicutible que a xente de Cambados falou moi claro, e o efecto Zapatero pesou moito. Confiamos en que os seguintes a governar o barco (ó PP) o faga mellor…pero a realidade é que en máis de 30 anos España ocupa o lugar que ocupa en Europa, e Galicia ocupa en España o lugar que ocupa… quédamos moito que avanzar como sociedade.

    Posted by Isma | 24/05/2011, 10:19 am
  2. solo queria decir unha das razons polas que non subistedes en votos estas eleccions, Luis en ningun dos seus mitines falou discriminando no ambito persoal a nadie, sen embargo como sabedes o voso numero 3, o señor Chon dedicouse a insultar ó alcalde, e por razons que me dan bergoña como o fisico. Non tiña argumentos para criticar a Luis como xerente e tubo que atacar polo persoal, discriminandoo e insultando. Ese foi o motivo polo cal moitos dos vosos militantes se cabrearon e sabedelo. Pareceme de bergoña que o Voso numero 3 basase a campaña nos insultos persoais.

    Posted by niko | 24/05/2011, 3:28 pm
  3. Niko, a ver se vemos o bosque, e non só a cortiza das árbores. Podes pensar que o bng non medrou en votos por un chiste 3 días antes das eleccións. Ti mesmo, pero é algo que só pensas ti.

    Vese que non fuches ao debate na Xuventude: iso si que foi un despregue de educación poar parte do PP!

    Está claro que neste pobo calquera fai avións a reacción.

    Posted by manolo | 24/05/2011, 8:53 pm
  4. Nos mitins dinse cousas, que para que nos vamos a enganar, a unha persoa normal dalle un pouco de vergoña allea, iso pasa en todos os mitin, creo que é unha regla non escrita, facer malos “chistes” do adversario, Touris dixo algo de que Tabuyo “escribía contos” cun tono como si fose algo degradante…O gran avance de Aragunde ben dado pola situación actual do país, con iso non quero decir que non avanzase de igual forma nestas eleccións, porque os cidadans de Cambados atopasen a súa xestion correcta, senon que de se producir un avance non sería tan pronunciado como foi. A partir de isto cada un pode ver a sardiña do color que mais lle guste, branca, azul, ou vermella, e decir que a súa é a que ten mellor sabor, jajajajaj.

    Agora é tempo de deixar traballar o equipo electo, desexarlle sorte, porque os tempos son duros e non estamos para malgastar forzas, e a oposición debe facer o seu traballo de control de forma responsable.

    Posted by Isma | 25/05/2011, 9:13 am
  5. Que o BNG siga posicionandose taxativamente sempre en contra de inversions ( unha delas o saco de Fefiñans…) unicamente por levar a contraria, o que vai provocar e un escape masivo de votos a todos aqueles que prometan obras e melloras no noso pobo
    Deixarse de pamplinadas de que e por favorecer a alguns que compraron pisos na zona porque iso non o cree nin Dios.

    Posted by FM | 26/05/2011, 5:30 pm
  6. Por certo,penso que obviachedes o detalle que dende 1979(primeiras elccions municipais da nosa democracia) ata a fecha, nestas eleccions foron nas que menos votos tuvo o BNG

    Posted by FM | 26/05/2011, 7:53 pm
  7. Por suposto que non solo o que dixo Chon nos mitines tivo que ver, estes resultados salen do traballo de catro anos, non de 15 dias. Pero xa non me quero meter en ideales politicos, nin nas posturas de cada equipo. Simplemente gustariame que en campaña electoral non valga todo, que deixemos o xogo sucio, como as criticas de Unha grande chea a unha agrupacion cultural, e outras cousas que todos sabemos que non estan ben, estamos nun pobo que todos nos coñecemos e sei de persoas do BNG que se molestaron por estas “bromas politicas”, eu so quero que despois disto non haya rencillas e no Alvariño se sigan subindo videos nos que eu salga tocando cos de Unha garande chea. Por iso non me parece que se xogue co personal.

    Posted by niko. | 31/05/2011, 10:44 am

Nas redes sociais

Maio 2011
L M M X V S D
 1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: