//
estás a ler...
., Cambados

Unha Grande Chea di adeus oficialmente


Era, como se soe dicir,  un “segredo a voces” que UGCH nos últimos meses estaba a decelerar, por así dicilo, a súa actividade. Unha actividade que pode dicirse sen temor a equivocarse que xa deixou pegada, que fixo historia na Historia do Concello de Cambados.

Durante os máis de 26 anos que levaban constituidos, os integrantes de UGCH contribuiron a darlle vida á nosa vila, especialmente no Entroido (durante anos foi prácticamente a única organización estable desas datas) e máis recentemente promovendo ou colaborando con actividades do máis diverso tipo. E un punto de inflexión foi a apertura da Web, hai cinco anos, que se sumou á presenza de CTK na ciberrede cambadesa (hoxe totalmente florecida con páxinas como CambadosWeb ou múltiples e interesantes blogs multitemáticos).

Desde hai un tempo a vertente máis política da web salpicou á Asociación Cultural (outrorora comparsa), até o punto de que o presidente de UCCH e redactor da páxina, Xaquín Charlín (Chon) concurriu ás últimas eleccións municipais como número 3 da candidatura do BNG e hoxe ocupa unha acta de concelleiro da Corporación municipal. As “malas linguas” falaron desta como unha das causas que precipitaron a fin da asociación, mais a versión oficial dada hoxe no seu Facebook é a seguinte: “a xente está cansada e non quere continuar, esa a razón primordial”.

E así, a Asociación máis simpática de Cambados, pon fin a moitos anos de actividade. Desde aquí só queda despedirse deles  (non demasiado posto que non pareremos de velos polas rúas do noso Concello), e darlles a noraboa a todos e a cada un dos que dalgún xeito formaron parte nalgún momento desa aventura que foi Unha Grande Chea. É para estar orgullosos, deixan un oco grande.

O futuro da páxina web. Hoxe nun comunicado na web oficial, Xaquín Charlín (Chon) anuncia que a web pasará a denominarse “A ti meu Cambados” e recollerá como ata agora novas, fotos e convocatorias, ademais de opinións persoais. Segundo Chon, a liña será “critica, satirica, evidentemente cun sesgo nacionalista e de esquerdas” e engade: “sei de seguro que vou perder seguidores, pero non me importa, vou facer o que realmente me gusta”. Haberá que agardar para ver se hai cambio na dirección que hai que teclear agora para acceder á web.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Unha Grande Chea di adeus oficialmente

  1. Adeus a UGCH! Non podería esquecer os simpáticos e inolvidables momentos que protagonizaron durante moitos anos no Entroido ou no Albariño. Tampouco esquecerei as boas palabras que tiveron cara meu pai en varios dos seus artigos, dende o nomeamento de Cabaleiro, pasando por a súa labor como piloto, chegando ata a presidencia no clube Motos Vellas do Salnés. Vaise UNHA GRANDE ASOCIACIÓN, ou así podería quedar definida.

    Espero e desexo que a nova páxina en mans de Xaquín Charlín siga a magnífica liña iniciada por UGCH, polo que só quería darlle o meu ánimo para facelo o mellor posible.

    Un saúdo.

    Posted by Jorge Horro | 23/06/2011, 10:43 am
  2. Pero cáles foron os motivos deste tráxico desenlace?

    Posted by eu | 24/06/2011, 8:54 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2011
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: