//
estás a ler...
., Cambados

O alcalde contará con tres asesores persoais, que nos custarán 70.000 euros anuais


Indícao o blog “A ti meu Cambados” (que substitúe á web de Unha Grande Chea) hoxe. Segundo esta fonte, ademais do soldo do alcalde e do tenente de alcalde, aprobado por todos os grupos, tamén se deu o visto e prace da Corporación á contratación de tres asesores do alcalde. Estas partidas foron aprobadas, porén, co voto a favor solitario -pero maioritario- do Partido Popular de Cambados.

Un deses postos é o de secretario do alcalde, quen desempeñará asistencia xeral á alcaldía e xestión da súa axenda, transcripción de documentos e outras funcións de similar natureza polo cal vai recibir un soldo de 23.089.50 € en catorce pagas. E os outros dous teñen que ver coa comunicación (ou debería dicir propaganda?) da alcaldía e do Concello. Contratarase a un Asesor de Comunicación cun soldo de 28.803,04 € en 14 pagas e Auxiliar de Comunicación cun soldo de 18.409,16 € en 14 pagas, sempre segundo o blog de Xaquín Charlín.

Cando menos os primeiros dous postos mencionados xa existían até agora como postos de libre designación, descoñezo se o terceiro é de nova creación e se os salarios sufriron modificacións. O que si está claro son varias cousas:

-Que tendo unha funcionaria do Concello tarefas de Secretaria do Alcalde, resulta ben difícil de explicar por que é necesario outro asesor, agora de designación directa.

-Que un Concello como Cambados non precisa un gabinete de Comunicación como o que se pretende crear coa aprobación destes postos. E vergoña lle debería dar ao goberno local ter unha páxina web como a que temos actualmente se se están invertindo eses cartos en Comunicación.

-Que resulta moralmente inaceptable que un Concello como o noso dispoña alegremente de cargos de libre designación, outra maneira máis de empregar á xente que forma parte da “rede amiga” do goberno. E máis cando escoitamos aos políticos do PP pregoar o discurso da suposta austeridade, unha austeridade que aínda non podemos comprobar que exista nos seus gobernos.

E por suposto, isto non fixo máis que comezar, haberá que agardar para ver as consecuencias da maioría cómoda que o PP obtivo o pasado 22 de Maio.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “O alcalde contará con tres asesores persoais, que nos custarán 70.000 euros anuais

  1. Espero que por solidaridade cos que estamos no paro, eses funcionários dixitais polo menos anque non traballen cumplan o horario e no vaian a ocupar outro posto de traballo fora do Concello. Eu mentras esté no paro comprobarei que entren a súa hora, fichen e saian a súa hora tamén.

    Posted by Breixo | 22/06/2011, 1:14 pm

Trackbacks/Pingbacks

  1. Pingback: O alcalde contará con tres asesores persoais, que nos custarán 70.000 euros anuais - 22/06/2011

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xuño 2011
L M M X V S D
« Mai   Xul »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: