//
estás a ler...
., Cambados

Temas a demostrar nesta lexislatura


A presente lexislatura que vén de comezar é un novo tempo político, continuista cos anteriores polos resultados pero peculiar porque non hai dúas lexislaturas iguais, que debe servir para que desde as tres bandas se demostre:

PP. O Partido Popular debe demostrar que non gobernará con prepotencia. Luis Aragunde xa amosara durante estes dous anos de alcalde non-electo que as súas formas eran bastante máis correctas que as de Tourís (campión da mala educación) pero agora isto debe ser ratificado e moi mellorado. O PP gañou peso na Corporación, pero iso non lle dá nin barra libre política para facer o que lles veña en gana nin azos para retroceder nas formas, que en democracia hai que saber gardar. Porque non é lóxico que a oposición conte con pouca información sobre temas moi importantes (caso do Porto de San Tomé) ou nula sobre outros a pesar de pedila (caso do Xantar do Albariño). En Cambados hai moitos anos que o PP renunciou a involucrar aos demais grupos na acción de goberno, pero o que non se pode aceptar é que non se lles permita nin facer oposición.

En particular, Aragunde, coa súa vitoria incontestable, podería (debería, máis ben) aproveitar para amarrar o timón do PP cambadés e deixar dunha vez que, como din as malas linguas, sexa o Delegado da Xunta quen de verdade mande en Cambados. Nalgúns temas (Fefiñáns, por exemplo), Aragunde demostra que non é el quen controla o goberno, posto que alguén que di non estar en contra da peonalización non lle colle na cabeza que Fefiñáns en 2011 siga a ter tráfico rodado. Quédalle por demostrar, en resumo, se o seu goberno é “máis do mesmo”, máis aproveitamento do Concello por parte do PP, ou quere algo máis.

BNG. O BNG debe continuar coa oposición firme, posto que en moitos momentos se demostrou que este grupo foi realmente a única oposición en Cambados. Pero debe tamén reconectar co centro-esquerda cambadés, con todos os votantes que perdeu ou non gañou nos últimos anos. O Bloque ten que compaxinar esa oposición con lanzar a idea á sociedade de que é partido de goberno, que ten un proxecto para Cambados claro e que é posible aplicar. Debe ser capaz de captar maioritariamente o sentir dos votantes do BNG, do PSOE e os posibles descontentos.

PSOE. Os socialistas teñen un reto grandísimo: demostrar que existe PSOE máis alá de Tabuyo, unha persoa arredor da cal xirou a acción do PSOE en Cambados nos últimos vinte anos, coa cal os socialistas pasaron de un a cinco concelleiros. Atopar a un candidato solvente e mellorar moito o seu traballo durante a lexislatura, que non se quede todo en oposición de campaña.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2011
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: