//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados

Sobre a remodelación da fachada marítima


Este é un asunto que, dada a súa traxectoria, xa ocupou liñas da antiga Cambados tk, alá polo verán de 2006. Naquel especial que sacamos para tentar debullar o asunto da renovación da fachada marítima cambadesa, colgabamos un recorte de La Voz de Arousa de 2004 (11 de Xaneiro) cuxo titular dicía así: “La Xunta proyecta para Cambados un área lúdica en el puerto como la TIR”. No interior da nova dicíase que o proxecto recollía a creación dunha zona comercial e lúdica con pubs, bares e minicines como a de Vilagarcía de Arousa. Ademais sinalábase que se faría un dragado para que puidesen entrar embarcacións a uns novos pantaláns. en San Tomé. O proxecto tocaba tamén o histórico peirao en T de Cambados, arredor do cal se instalarían edificios aos que se pretendía levar a zona da movida de Cambados.

Este proxecto, que contaba con serias dúbidas por parte do colectivo das mariscadoras no que aos dragados se refería, e do BNG en relación a ese tema, aos recheos previstos e á transformación do peirao en T, quedou aparcado (a pesar de que era a obra estrela do PP de Cambados nas eleccións de 2007). Del nada se soubo até que na pasada campaña electoral o goberno local prometeu construir unha nova praza de abastos (algo que se incluía no macroproxecto da fachada marítima) e até que a semana pasada o presidente de Portos de Galicia afirmou que estaba case todo listo para sacar o concurso o proxecto.

O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, pediu explicacións de contado; xa que sobre o proxecto que se presentara en 2005 o BNG daquela liderado por Xosé Ramón Durán presentara unha serie de alegacións das que máis nada se soubo. E do que falaron desde Portos estes días, descoñécese se é aquel de hai seis anos ou unha modificación do mesmo. De calquera xeito non existe documentación que os axentes implicados coñezan, empezando polos grupos da oposición. Nin dos estudos ambientais totalmente obrigatorios para unha obra deste calado.

A continuación resúmese o proxecto de 2005 “Proposta de instalacións náutico-deportivas e ordeación da área portuaria de Cambados (Sto. Tomé)”:

Contemplábase na memoria daquel proxecto unha actuación coa construción de 6 edificios na zona que se reflicte do mapa, ademais de múltiples amarres tipo pantalán, tanto onde xa existen na actualidade como no peirao en T de Cambados (o mapa pode ampliarse clicando enriba).

Edificio Comercial 1: o que pode verse onde estaba a nave de Prego, agora aparcadoiro ao aire libre fronte ao supermercado Gadis. Ocuparía o novo edificio 1.955 metros cadrados, con dúas plantas. Os usos aparecen descritos como “comercial, oficinas e recreativos” no documento de Portos.

Edificio Comercial 2: a carón da actual praza de abastos, que faría as función da mesma. Tería 1.600 metros cadrados tamén a dúas plantas.

Edificio Comercial 3, 4, 5. Todos terían parte o toda a súa superficie construida sobre pilotes no mar e estarían situados no peirao en T de Cambados. O primeiro deles, cunha superficie de 225 metros cadrados e dúas alturas estaría situado no comezo do peirao, a carón da Casa do Mar. Os outros dous, tamén de dúas alturas estarían situadas no morro de dito peirao e terían as mesmas dimensións. Os usos aparecen descritos como “comercial, oficinas e recreativos” no documento de Portos.

Edificio Náutico-recreativo 6: Estaría situado na Illa das Goritas, cunha superficie en planta de 600 metros cadrados e tamén dúas alturas, parte del sobre plataforma.

MÁIS DATOS: o orzamento previsto entón era duns 28 millóns de euros, que se dicía, sería sufragados en parte por iniciativa privada (non se dicía con que contrapartidas). O dragado a realizar para aumentar o calado da zona sería, segundo o documento de Portos, duns 265.000 metros cúbicos, dos cales 68.000 serían dragado en rocha. Crearíase un aparcadoiro soterrado de 420 prazas e máis de 70 en superficie sobre a Illa das Goritas e propoñíase a “ampliación da praia situada fronte aos Xardíns da Calzada”, en función do material dispoñible, creando unha praia permanente que potenciara “os usos lúdicos e turísticos da zona”.

MOITAS INCÓGNITAS. Agora quedan por coñecer moitas cousas…é este o proxecto que se quere sacar agora adiante? hai outro novo? Vaise facer unha actuación tan agresiva na fachada marítima, construindo edificios de 2 alturas, pechando esa zona ao mar? que contraprestacións recibirá a iniciativa privada que participe? hai estudos de avaliación ambiental (obrigatorios neste caso) que avalíen as consecuencias sobre bancos marisqueiros como o do Serrido? que pasou coas alegacións de 2005? Algunhas destas preguntas, xa que non o fai o alcalde de Cambados, terá que contestalas a Consellería correspondente no Parlamento Galego a raíz dunha pregunta do deputado do Bloque Bieito Lobeira.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2011
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: