//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados

O concurso de Raíñas do Albariño


Anunciábase nos xornais nos últimos días que as interesadas podían presentar a súa candidatura para Raíña do Albariño, que se elixirá nunha gala en Fefiñáns o 31 deste mes.

O certo é que este é un tema que se discute a nivel de rúa pero que sigue inmutable ao longo dos anos. Realmente aporta algo este tipo de eventos? Non son, acaso, unha reminiscencia dun pasado onde á muller se lle daba un rol para nada igualitario? Que sentido teñen en 2011?

En Cambados síguese elixindo a unha Raíña do Albariño cuxo principal cometido radica en ser guapa e acompañar ao alcalde  e demais autoridades en momentos como a inauguración da festa. E non só hai unha praza para rapazas de máis de 16 anos, tamén existe a Raíña “infantil”, para meniñas entre 6 e 13 anos.

Eu pregúntome se non contribúen a consolidar actos coma estes (e neste caso inda por riba impulsados polo goberno) actitudes machistas sobre cal é o papel da muller na sociedade, en particular para este caso, na festa do Albariño. A de muller floreiro?

Vai sendo hora de romper con este tipo de accións, que ademais de casposas, non deixan de entrever esa diferenza de trato entre sexos que nunca debeu existir.

OUTRAS ALTERNATIVAS

E é que hai mil cousas que se poden organizar entorno ás datas da maior festa de Cambados. Os comerciantes apostaron, por exemplo, por un concurso de camisetas con premios bastante xenerosos (600 e 300 euros para gañadores e finalistas); aproveitando a tradición das pandillas cambadesas de crear camisetas identificativas. Nunha festa na que parece que non cambia nada a pesar dos anos (nin raíña, nin paseos de políticos do PP, nin xantar para os mesmos a conta de todos…) é moi fácil poñer en marcha novas ideas alternativas que seguramente lle daría un novo aire á celebración.

Advertisements

Conversa

One thought on “O concurso de Raíñas do Albariño

  1. Pois iso, ser reina de las fiestas es un orgullo, y los que no lo aceptais sois feministas feas o nenazas envidiosas.

    Así nos vai. Para qué ir a ver o museu da prehistoria a Atapuerca, Altamira ou Campo Lameiro cando aqui temos dignos Homo antecesor e Homo neanderthalis en activo.

    Posted by manoloventos | 30/07/2011, 5:36 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2011
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: