//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados

De PP a PP e tiro porque me toca


“Manuel Fraga faltará por primera vez a la Festa do Albariño”, os cambadeses (segundo os xornais) estamos destrozados pola ausencia do Gran Mestre do viño, cargo democrático onde os haxa, e case choramos pola súa non-presenza a un Xantar que pagamos todos e que só uns poucos (pero ben escollidos) saborean todos os anos, en tempos de bonanza e tamén en tempos de crise e suposta austeridade.

Pero tranquilos todos, que de momento xa soa un substituto que realice tan importante papel… imaxinades de que que partido é? Si, home, para nomear cabaleiros do Albariño na súa maioría cargos do Partido Popular, quen mellor que o líder do partido en Galiza Alberto Núñez Feijoo?

E a un venlle á cabeza os tempos do bipartito (que tempos aqueles!) cando escoitamos do xefe do Capítulo do Serenísimo que Touriño non podía ser Gran Mestre porque este cargo (repito, moi democrático) era propiedade de Fraga, non do Presidente da Xunta. E entón Feijoo, que?

O dito, ningunha sopresa, Albariño 2011: de PP a PP e tiro porque me toca (e sobre todo para que a ti non che toque).

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2011
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: