//
estás a ler...
., Cambados

O BNG planta ao Concello para denunciar a ocultación de datos e a politización da festa


Así o anunciou onte o voceiro do Bloque, Víctor Caamaño, en rolda de prensa. Existen tres actos aos que o Concello convida aos grupos da oposición: inauguración (mércores), nomeamento de cabaleiros e Xantar oficial (ambos o domingo). O ano pasado o BNG xa non acudira ao Xantar por consideralo un despilfarro de fondos públicos para beneficio do PP, e porque o Concello non lle facilitaba os datos do mesmo.

De feito, Víctor Caamaño, leva xa un ano reclamando a lista de convidados e o motivo do convite, sen que por agora o alcalde facilitara tal información (o asunto está en mans do Valedor do Pobo a quen Aragunde tampouco cedeu os datos a pesar de que xa os ten solicitados). E respecto ás contas da Festa do Albariño, os nacionalistas denuncian que non se proporciona a información detallada; o goberno anima aos concelleiros da oposición a que revisen as contas anuais do Concello (un documento de máis de 400 follas onde ademais é complicado saber que partidas corresponden a que tema).

Este ano, como protesta, o Bloque non acudirá a ningún destes tres actos, aínda que si que estarán presentes na festa “como veciños”. Caamaño queixouse de que Aragunde  “debe facilitar a nosa labor de controlar e fiscalización da xestión do Concello. É unha das garantías da democracia”. E considera que a Festa, a través destes tres actos aos que o BNG faltará, está politizada.

Imaxe e información do Diario de Arousa

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2011
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: