//
estás a ler...
., Cambados

Aragunde revela o por que da falta de información: un fallo informático no Concello


Doce meses van xa desde que se celebrou a última festa do Albariño (esta semana celebramos a seguinte), e a oposición non recibiu aínda a documentación que lle solicitou ao Concello de Cambados sobre a mesma.

En concreto, o BNG rexistrou en varias ocasións unha pregunta relacionada cos convidados ao Xantar do Albariño e os motivos polos que cada un foi invitado cos cartos de todos. A pregunta recibiu o silencio como resposta, salvo nun pleno no que Aragunde replicou escuetamente que “foron invitados os representantes das diferentes administracións (estatal, autonómica, provincial e local), Consello Regulador, Capítulo Serenísimo, e entidades relacionadas co sector. O motivo de ditas invitacións é a labor realizada na defensa, apoio e promoción da festa, do viño, do municipio e do sector”.

Víctor Caamaño tivo que reclamar ante o Valedor do Pobo, que tamén solitou ao Concello esta lista de persoas, por agora sen éxito. Onte, Luis Aragunde manifestou á prensa que se aínda non deran esta información ao líder da oposición porque “Tivemos problemas informáticos e xa dei a orden de pasar a lista deste ano tamén. Nunca lle negamos información”.

Xa é raro que un problema informático dure un ano sen que se lle poña solución, pero máis raro aínda é non telo mencionado en todos estes meses. Canto máis haberá que agardar para coñecer os datos referentes ao Xantar oficial que se paga con cartos públicos?

E por non falar xa das contas xerais da Festa do Albariño…verán a luz algún día?

Advertisements

Conversa

One thought on “Aragunde revela o por que da falta de información: un fallo informático no Concello

  1. Que opine sobre ese tema Laura que parece ser una señora que incluso piensa. “Nos tamén estamos de acordo pero votamos non”

    Posted by Lo que tu quieras | 07/08/2011, 6:06 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2011
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: