//
estás a ler...
., Cambados

Máis damas e cabaleiros para o PP


Non pode dicirse que sexa unha sorpresa: o primeiro Albariño de Aragunde como alcalde electo volve a repetir os vicios do Partido Popular do goberno de Cambados: apropiarse do que debería de ser de todos.

O PP no goberno, a través do Capítulo do Serenísimo e a parafernalia que o rodea, nomea “Damas” e “Cabaleiros” a membros do seu propio partido. Nesta ocasión é o turno da Conselleira de Mar, Rosa Quintana e do Conselleiro de Industria, Javier Guerra. Ademais, recibirán as “Follas de prata” o director xeral de Mar e da directora xeral de Comercio. Tamén se lle concede ao recén elixido alcalde de Vilagarcía (por suposto, tamén do PP), Tomás Fole.

E entre as persoas que non ocupan cargos políticos atopamos ao director do xornal ABC, coñecido pola súa marcada liña ideolóxica  (non fai falla dicir máis).

Podes ler todos os nomes dos premiados neste 2011 premendo neste enlace

Advertisements

Conversa

One thought on “Máis damas e cabaleiros para o PP

  1. Ainda que son votante do pp, recoñezo que o dos cabaleiros e damas do albariño e unha cantada. seguro que hai algun politico de outro partido que tamen poderia representar perfectamente o noso viño por todo o pais, por exemplo tabuyo. porque a verdade parece a festa do pp. pero de todas formas estoy moi cotenta de ter un alcalde como Luis. Para nada me gustaria Victor. A veces non e a carreira universitaria o que fai a persona, senon o trato diario coa xente. E o señor Caamaño de trato coa xente nn entende moito. Somentes cos seus.
    Deica.

    Posted by laura | 03/08/2011, 6:17 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Xullo 2011
L M M X V S D
« Xuñ   Ago »
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: