//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Francisco Trigo

SOLVENCIA E BEACHCOMBER


Coma caseque tódolos sábados pola mañá, o último sábado fun tomar o meu café a Leria, e a ler o periódico que co café, pon-me o meu camioneiro de cabeceira e copropietario do bar, “non se me poña Xaquín ciumento”,  Rubi.

Viña sembrado o Faro, traía unha ampla reportaxe sobor do estado económico-financieiro dos Concellos de Galiza, feito polo Consello de Contas – Órgano censor –presidido polo cambadés Luciano Fariña a respeito das contas do 2008. Foi “sorpresa” para min, non é un decir, que o Concello de Cambados atopárase segundo o titular do Faro coma “un dos 52 Concellos de Galiza que corren un risco de insolvencia a curto prazo”, pois isto contradecía o que por activa e por pasiva, ven-se dicindo dende as instancias políticas cambadesas, sacando coma conclusión que tóda-las afirmacións e triunfalismos varios, poden caer co tempo, e novas coma esta abrirán un proceso de reflexión sobre a contención do gasto superfluo, digo eu.

Decía o de sembrado, pois tamén no mesmo xornal, na páxina “o fondo dos espellos” de Xosé Luis Méndez Ferrín, sempre un disfrute a súa lectura, viña unha glosa de anglicismos náuticos, e decía que da verba inglesa beachcomber derivaba a nosa, tan común, de bichicoma. Chamoume a atención, pois consideraba-a propia do noso idioma e non incorporada dun anglicismo “náutico” e que por extensión nós usamos con outras acepcións.

Ben, preguntaránse a razón deste exordio sobor de dous temas aparentemente non relacionados, a razón de relaciona-los ven por aquilo das datas nas que nos atopamos, e ainda que non todo e bichicomería, a verdade con esto das invitacións ao xantar do Albariño a “tutti quanti”, vai sendo necesario cismar mais no da “solvencia” e menos na  “prodigalidade”. Por algún sitio haberá que escomenzar, dito todo respetuosamente.

Francisco Trigo Durán

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: