//
estás a ler...
., Cambados

Asaka, embaixador de Galicia no Xapón


Tivo lugar na tarde de onte a presentación dun libro moi especial sobre o noso insigne poeta Ramón Cabanillas. Especial, sen ir máis lonxe, pola orixe do libro. Publicáronse moitas cousas sobre Cabanillas en 2009, cando celebramos o seu Ano (de igual xeito que neste 2011 llo adicamos a Asorey) e fixéronse cantidade de actos relacionados con el. Pero o de onte, ademais de continuar esa estela, era especial porque chegaba de Xapón un exemplar que contiña textos do poeta traducidos a aquela lingua

 

Os exteriores nova biblioteca da Casa dos Fraga (a cal xa temos analizado aquí con motivo da súa apertura) serviron como punto de encontro de Cambados e do profesor Asaka, pai da criatura. E por certo, este xardín da biblioteca amosouse como un lugar excelente para realizar este tipo de pequenos actos no verán (súmase aos que xa se comentaran aquí,  como Exposalnés ou Torrado).

O académico Francisco Fernández Rei fixo un repaso da historia do profesor xaponés. Como nos anos oitenta o coñecera nun congreso da Universidade de Santiago cando lle chamara a atención ver a un nipón asistindo día a día aos relatorios sobre a lingua galega. E  mencionou os traballos de Asaka, moitos escritos integramente en xaponés cun pequeno resumo ao final que, escrito só en galego, permitía saber a Rei que aquel traballo xiraba entorno a lingua galega. O académico describiu a Asaka como “unha anduriña” que volve cada ano a finais de Xullo a Galiza con novos traballos sobre o galego baixo o brazo. Definiuno tamén como “militante” na defensa da lingua, e recordou como algunha vez o tiña visto reprender a persoas por falaren castelán; ou como nun restaurante de Cambados solicitara a carta en galego.

Luis Rei, que publicou hai un par de anos a biografía de Ramón Cabanillas, adicou a súa intervención a argumentar que características son necesarias para unha obra ou autor converterse en universal e, con exemplos de poemas de Cabanillas (exemplos ademais moi cómicos), rematou concluíndo que o poeta de Cambados cumpría con esa vocación. Clara mostra delo era, quizais, que ao seu carón se atopaba un xaponés que gustaba da obra do de Cambados.

Por último, o profesor Takekazu Asaka ( ou, segundo el,  “Takiño”) lembrou como coñeceu o noso país e sinalou que estivera xa cando menos nunhas catro ocasión en Cambados, onde quedara encantado co “arroz á mariñeira” que aquí probara. Lamentou non poder presentar xunto con este libro un CD con poemas de Cabanillas musicados en Xapón, como xa fixera cuns versos de Rosalía. Este traballo musical prevese que vexa a luz nun futuro cercano.

O acto pechouno o alcalde, Luis Aragunde, quen deu as grazas especialmente ao autor, e amosouse convencido de que será un embaixador non só do noso país, senón tamén do Albariño, de Cambados e “do arroz á mariñeira”, bromeou.

Ao remate os asistentes puidemos escoitar  o poema Camiño longo de Cabanillas na voz da soprano Miho Haga e da pianista Rika Nishikawa. Estas dúas artistas son as mesmas que realizaron o CD con cantares de Rosalía e serán as encargadas tamén de facer o propio con pezas de Cabanillas (o CD que Asaka lamentou non ter aínda e que verá a luz probabelmente o vindeiro ano).

Noraboa aos libreiros de Cambados (de Contos e Cabanillas) pola celebración deste acto.

A imaxe é do Diario de Arousa.

*Editado o 4 de Agosto ás 15.00 para solventar un erro acerca da información da  peza que escoitamos os asistentes ao final do acto. Moitas grazas ao lector que deu o aviso 🙂

Advertisements

Conversa

One thought on “Asaka, embaixador de Galicia no Xapón

  1. que canha!
    a ver cando aprenden moitos galegos 🙂

    Posted by aquarophysics | 05/08/2011, 2:29 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: