//
estás a ler...
., Cambados

A Festa do Bigote consolídase


É unha cita de luxo para os máis festeiros do Albariño, para aqueles que queren alongar un día máis (unha noite máis ben) a semana grande de Cambados. Para o Albariño o último foguete do primeiro domingo de Agosto supón a fin da festa, pero é nese preciso momento cando outra festa -máis modesta, máis “familiar”- comeza.

A Festa do Bigote naceu no Rif-Rock en 2009 e medrou exponencialmente até esta terceira edición, que supuxo un éxito total tanto de afluencia como de nivel nos mostachos dos participantes. Nesta ocasión convocáronse dúas categorías para o certame, unha de bigote natural e outra de falsos, resultando gañadores Alberto Haj-Saleh e Sanni Cerviá, trala deliberación dun xurado composto por un representante de CTK e outro do propio Rif.

Podes ler máis información e ver todos os bigotes que concursaron no blog do pub cambadés. E o ano que vén, non o dubides, deixa barba no Albariño e deseña un bo mostacho! (ou prepárate un bo bigote falso se non dispós de materia prima natural)

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: