//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Cambados, Ramón R. Nogueira

Albariño 2011


Remata outro ano máis de Albariño, de tropezóns e sorrisos nos Stands, de bailoteos nas verbenas na praza do concello… Rematou  a mellor festa do mundo (Dígoo como bo cambadés que son).

Realmente non sabía moi ben que poñer neste artigo, non sabía como comezalo nin se serei capaz de rematalo dalgún xeito coherente.

Podería queixarme de moitas cousas, como que o concello gaste unha boa pancha de cartos nun grupo como Dover, cando grupos do estilo de Muchachito Bombo Inferno, atraen a máis mocidade cambadesa e conseguen que se faga máis festa na praza de Fefiñáns. Son cousas que non entendo… por que non traer grupos galegos como Ruxe Ruxe, Lamatumbá, Dios Ke Te Crew?

É moito mellor ir buscalos fóra, pagar máis e que os disfrute menos xente, si señor…

Aínda é todo, o que lle da a vida á festa é unha boa botelliña de Albariño nunha man e moitas ganas de bailar diante da orquesta D’Tacón, ou calquera outra… se é igual que veña Dover, ou Nena Daconte, mentres siga soando no concello “La ventanita deste amor se me serró” ou “La de los ojos negros” por se acaso hai que facer unha escapada de Fefiñáns até a verbena.

Sexa como sexa, nos Stands ou nun pub, en Fefiñáns ou de botellón nas “Palmeras”, nas atraccións ou na verbena, ao bo cambadés córrelle viño Albariño polas veas.

Viva o Albariño e até  o ano que ven!

Ramón R. Nogueira. Consulta máis artigos de Ramón premendo aquí

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Albariño 2011

  1. Totalmente dacordo: deberían traer máis grupos galegos, ainda que é difícil conxugar atracción mediática e calidade musical. Vimos un bo exemplo o sábado da festa do Albariño: os galegos Moon Cresta estiveron colosais e Dover patéticos.
    En todo caso, o mesmo digo: viva o Albariño e ata o ano que vén. Cun pouco de sorte igual ata nos traen a Rafaella Carrá! jeje Estarían a altura de Georgie Dann e El Fary.
    Apertas.

    Posted by É Mellor Que Faga Dano Ca Que Se Perda | 08/08/2011, 5:28 pm
  2. Toda a rasón do mundo. Dover tivo unha actuación realmente penosa, nada animada e moi curta. Foi un gran fracaso pagar tanto por el, mentres que Muchachito tivo unha actuasión dun 10 por menos cartos.

    Por outra banda, o conserto do mércores foi un ghran aserto. E as verbenas ben podían ter sido algho melhores, pero bueno, vai outro ano alá e seghimos coma sempre.

    (Por non volver a falar do tema da comida e o “preghón”, claro.)

    Posted by CALA E BEBE SE NON QUERES QUE TE TRONSE | 08/08/2011, 6:05 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: