//
estás a ler...
., Cambados

Un artigo de El País salienta o número de cargos do PP que comen gratis en Cambados


Achéganos Maribel unha nova interesante que publicaba onte o diario El País na súa edición galega. O artigo en cuestión repasaba a presenza do presidente da Xunta e de varios conselleiros a unha maratón de festas gastronómicas nas horas previas a coller vacacións (en poucos traballos se considera ir a unha festa traballar…).

O máis comentado na nova, que podes ler aquí íntegra, era a presenza de cargos do PP no Albariño de Cambados (entre outros, Presidente da Xunta, cinco conselleiros, presidente da Deputación e un moi longo etcétera).

Lembran na nova de El País a cruzada do BNG local por desvelar as contas do Albariño pasado, recurrindo incluso ao Valedor do Pobo para coñecer quen foi invitado a comer e por que. E é que segundo Víctor Caamaño cómpre lembrarlle ao alcalde de Cambados que o Xantar do Albariño “non é o seu cumpreanos”. Pero vendo aos convidados parece que si.

Algo de vergoña lles queda cando non se atreven a publicar esa famosa lista de convidados e motivos dos convites.

Vídeo: O blog “A ti meu Cambados” publicou un vídeo da pitada popular aos cargos do PP o domingo do Albariño.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: