//
estás a ler...
., Cambados

O último informe de Contas sitúa a débeda do Concello en 363 euros por cambadés


Falábase hai uns días en CTK por medio dun artigo de Francisco Trigo (Solvencia e Beachcomber) dun informe do Tribunal de Contas sobre o estado financeiro das entidades locais galegas. Este informe detalla a información que o ente recibiu de Concellos, Deputacións e mancomunidades para 2008.

Entre outros datos (por exemplo a posible insolvencia do Concello a curto prazo), unha das cousas que revela é a débeda do Concello nesa data, que sitúa en 363,16 euros per cápita. É dicir, que sumaría un total de 4,95 millóns de euros, noutras palabras, un 49% do orzamento para aquel ano. Unha cifra que supera a media dos concellos similares a Cambados (sitúase en aproximadamente 220 euros/habitante) aínda que a lei permite, inexplicablemente, superar esas cantidades.

Outro dos puntos negativos é a tardanza en pagar do noso Concello, que se sitúa nunha media de 145 días (case cinco meses), cando a lei só permite unha demora de até 60 días. Resulta evidente que o Concello incumpre a propia lei nunha gran maioría de casos, xa que a media da tardanza é o duplo do permitido. Algo especialmente grave cando as empresas o están a pasar mal e necesitan, obviamente, os fondos que ademais lles correspoden. Sen embargo, o período medio de cobramento do Concello é de 20 días (menos de un mes). É dicir, cobra rápido pero paga tarde.

Un dos datos máis chamativos é a importancia do gasto en persoal, que para 2008 cifraba o Tribunal de Contas en 42%. Recurrindo a outras fontes, é doado comprobar como en dez anos (período 2000-2008) o goberno local incrementou 138% os gastos en persoal, pasando de 1,8 millóns de euros aos 4,3. En resumo, que por cada cambadés o Concello gasta 316 euros para gastos de persoal, unha cifra moi alta e máis aínda logo de coñecer os sistemas de contratación que rixen nesta vila.

É unha pena que a prensa comarcal non se parara a ler este tipo de documentos (xa que o asunto non é exclusivo en absoluto de Cambados, Sanxenxo por exemplo lévase a “palma” en varias categorías) e é unha pena tamén que estes sexan tan complexos de seguir para unha persoa non demasiado familiarizada con asuntos económicos.

Documentos

Informe da Conta Xeral das Corporacións Locais de Galicia 2008 – Volume I

Informe da Conta Xeral das Corporacións Locais de Galicia 2008 – Volume I

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: