Maribel Iglesias Baldonedo comeza hoxe esta serie de artigos que irán vencellados á súa estadía na cidade americana de Nova York.
Levei un libro para a longa viaxe en avión, doumo Miguel Muñiz o fotógrafo-editor de TodoGrove-edicións, é dun cambadés que me soaba de vista pero que non coñezo persoalmente, chámase Exigio Cuíñas.
O libro en cuestión é “Salgadoiro de queixo e mozzarella”, título e portada xa teñen un sabor surreal porque aparece a torre de S. Sadurniño e unha artesa de pan (que debe ser o máis parecido que atoparon a un salgadoiro) vamos como aquilo que dicían Lautrémont e os surrealistas “da beleza do encontro nunha mesa de disección dun paraugas e unha máquina de coser” ….. E o tono surreal persiste en toda a novela que é en realidade un relato de viaxes, que empeza en Compostela, sigue en Cambados, logo en Arteixo cunha urna con cinzas dun difunto, unha viaxe ás Malvinas que logo non pasou de Bos Aires para voltar por barco a Galicia e finalmente rematando nun avión con destino a Madagascar.
Perfecta novela por tanto para ler nun avión porque ademais riste a escachar co humor acedo do personaxe de Juan. En fin moi recomendable para viaxar cara unha cidade dadaísta e surreal como é NY ou para non saír de Cambados. Ata mañá.
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.
Este venres comezou en Cambados, recollendo o relevo da Festa do Albariño, a IV Feira de Artesanía e a Festa Europea do Viño.
Os stands, que hai una semana recibían multitude de xente para catar o noso viño, transfórmanse estes días en postos de venta de multitude de obxectos artesáns de distintos puntos de Galiza. O alcalde de Cambados Luís Aragunde valorou para o Diario de Arousa “A artesanía ofrece un complemento perfecto ao bo viño, reunindo máis atractivos para todos os visitantes e os nosos vecinos”. Seguir lendo
Os datos económicos que desvela o último informe do Tribunal de Contas (sobre o ano 2008) son reveladores. As cifras, xa presentadas a grandes rasgos en Cambados(tk), deixan nun lugar bastante comprometido a un goberno local que presumiu sempre de ter un Concello saneado. Non é así.
Para empezar, o informe engloba a Cambados como un dos 52 Concellos de Galicia que corren o risco de ser insolvente a curto prazo por manter un remanente na tesourería negativo. Ademais, Cambados incumprimiría o prazo legal de 60 días para pagar a quen lle presta servizos cunha media de case cinco meses. Mal pagador. Sabemos agora que cos nosos cartos se pagan máis de catro millóns de euros anuais en gastos de persoal, co agravante do xeito que ten de contratar o Concello. E ademais por fin coñecimos de xeito oficial (xa sabemos que se o Concello de Cambados non é máis transparente é por culpa de erros informáticos) que a débeda que acarreamos é de 360 euros por cambadés. Seguir lendo