//
estás a ler...
., Cambados

Cambados acolle a IV Festa de Artesanía e a Festa Europea do Viño


Este venres comezou en Cambados, recollendo o relevo da Festa do Albariño, a IV Feira de Artesanía e a Festa Europea do Viño.
Os stands, que hai una semana recibían multitude de xente para catar o noso viño, transfórmanse estes días en postos de venta de multitude de obxectos artesáns de distintos puntos de Galiza. O alcalde de Cambados Luís Aragunde valorou para o Diario de Arousa “A artesanía ofrece un complemento perfecto ao bo viño, reunindo máis atractivos para todos os visitantes e os nosos vecinos”.
E para amenizar este fin de semana de festa en Cambados, o concello optou na noite de onte pola actuación de “The Clams”. E ten previsto para a noite de hoxe a actuación, na praza do concello, de “Manso e amigos”, veciños da localidade, ás 22:30 horas.

Feito curioso é que ás 22:00 horas na praza de Fefiñáns, o concello invíta a todos os veciños e visitantes ao “Brinde das Estrelas” onde todos os habitantes de Cambados teñen a posibilidade de brindar cunha boa copa de viño de balde mentres admira a preciosidade dunha chuvia de estrelas. Parece que de cando en vez o concello saca á luz a súa vea poética…

About Ramón Nogueira

Din que tenho un don, o don da verba, e con ela quero mostarme dun xeito escondido, dunha maneira que poucos sexan capaces de ver, detrás dun toldo de metáforas, detrás diso ao que chaman "home".

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: