//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Óscar Pardo-Planas, Cambados

Un Concello “perita”


Os datos económicos que desvela o último informe do Tribunal de Contas (sobre o ano 2008) son reveladores. As cifras, xa presentadas a grandes rasgos en Cambados(tk), deixan nun lugar bastante comprometido a un goberno local que presumiu sempre de ter un Concello saneado. Non é así.

Para empezar, o informe engloba a Cambados como un dos 52 Concellos de Galicia que corren o risco de ser insolvente a curto prazo por manter un remanente na tesourería negativo. Ademais, Cambados incumprimiría o prazo legal de 60 días para pagar a quen lle presta servizos cunha media de case cinco meses. Mal pagador. Sabemos agora que cos nosos cartos se pagan máis de catro millóns de euros anuais en gastos de persoal, co agravante do xeito que ten de contratar o Concello. E ademais por fin coñecimos de xeito oficial (xa sabemos que se o Concello de Cambados non é máis transparente é por culpa de erros informáticos) que a débeda que acarreamos é de 360 euros por cambadés.

Poderían poñerse varias excusas (como de feito se poñen e se poñerán). As máis recorrentes falan de que “xa lles gustaría a outros estar coma nós”. Non me vale, que teñamos unha débeda de aproximadamente a metade do noso orzamento non ten ningunha explicación posible, se outros están peor (que é certo que os hai) non é motivo de ledicia para nós. Calquera persoa sabe que na súa casa non se pode gastar máis do que a súa economía lle permite, ao Concello de Cambados non parece servirlle esta regra tan lóxica e familiar. Os cartos, nese caso, non son deles senón de todos os veciños, o que convirte neste tema nun tema verdadeiramente grave.

Outra excusa, neste caso sobre o tema da débeda, adoita soar a “a lei permítenos moito máis”. E é certo, a lei, lamentabelmente, permite hoxe en día un endebedamento moito maior que o que temos. Pero isto non quere dicir nin moito menos que sexa unha situación desexable. Os cartos que se insiren nesa débeda terán que pagarse e comprometen a gobernos futuros, que poden ou non ser da mesma cor política. Independentemente a débeda é unha hipoteca para proxectos futuro e polo tanto para os cambadeses e cambadesas.

E obviamente endebedarse ás veces é necesario, ante proxectos urxentes ou de certa necesidade ou entidade, pero a decisión de realizar unha operación de crédito debería ter sempre o apoio, primeiro, da Interventora económica do Concello (que en repetidas ocasions desaconsellou, literalmente, as operacións de crédito que asumía o goberno local) e segundo dunha ampla maioría da Corporación. Porque como dixen, as decisións que afectan dun xeito tan profundo e duradeiro a todos han de ser consensuadas.

Tamén se dirá que “estamos en tempos de crise”, mais en Cambados este comportamento de mala xestión das arcas públicas vén xa de lonxe, cos gastos correntes e de persoal aumentando sen descanso e con contínuas operacións de préstamo. Aínda en 2006 se puxo en marcha outro grande crédito (1.7 millóns) e logo xa en 2008 outro máis (2.2 M€) outra vez con informe contrario de Intervención.

En definitiva, as excusas poden ser variadas (polo menos, despois de vinte anos de PP non poden empregar a de que “nos deixaron o Concello mal”) pero a realidade é a que é, e desgrazadamente non é boa.

Ante isto un alcalde pode buscar excusas, como de feito fai, e incluso pode referirse ao Concello de Cambados, en termos financeiros, como un Concello “perita”. E isto, que pode soar a chiste, son palabras textuais de Luis Aragunde pronunciadas na presentación dun dos últimos orzamentos do noso Concello.

Incrédulos? Este é un deses casos nos que por fortuna quedan probas:

Óscar Pardo Planas

Conversa

2 thoughts on “Un Concello “perita”

  1. Se por “perita” entendemos “acción e efecto de realizar a masturbación”, aínda pode ter un certo sentido.

    Posted by Manolo | 14/08/2011, 12:22 pm
  2. Si temos un concello perita , e seguindo o fio da resposta anterior , teremos un alcalde perero.

    Posted by Juan | 14/08/2011, 5:25 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: