//
arquivo

Archive for

Diario dunha viaxe a NY. Día 2


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe instalámonos no apartamento que alugamos vía internet, caro e pequeno pero non está de todo mal e a zona é bonita e animada, está entre o Soho e Nolita. O edificio está vello pero hai conexión a internet, eso permitiume ver a páxina de Cambados TK e ler o artigo de Óscar sobre a “perita” do noso alcalde, que me fixo rir un pouco; dende logo é un episodio digno de aparecer no libro de Exidio.

O Soho é a zona que está ó sur da rúa Houston (South-Houston) e Nolita o que está ao norte de Little Italy. Non é zona de rañaceos senón desas casas de 4-5 pisos de ladrillo e coas típicas escaleiras de incendios das películas. Estamos polo tanto na illa de Manhattan, pero Nova York é máis que Manhattan e inclúe 4 barrios máis, Queens (onde está a maior colonia de galegos), o Bronx, Brooklyn e a pequena Staten Island.

Creo que a Manhattan lle chaman a gran mazá por un músico de Jazz (negro supoño) que dixo que hai moitas mazás na maceira pero cando triunfas en Manhattan é que colliches a gran mazá. Bueno como vedes empezei falando de peras e acabo con mazás. Ata mañá.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Festa da Auga ou Puro Despilfarro?


Sei que hai moitas maneiras de defenderse ante esta pregunta, canto máis se se é de Vilagarcía ou doutra vila ou cidade que leve a cabo una festa que teña como acto central, tirarse auga uns aos outros, caldeiros polas fiestras das casas e mangueirazos dos bombeiros. Uns chámanlle tradición, outros nin o pensan “é así porque é así”. Non nos damos conta que se malgastan unha media dun millón de litros de auga só durante estas horas de “festa”.

Como seres humanos, xa rompemos o ciclo natural da auga, no primeiro momento en que tomamos a auga como propiedade nosa, cando non o é nin de preto. É dicir, no primeiro momento en que fixemos un embalse, una canalización de regadío, etc. Non sei se comprendemos a vital importancia que ten entender isto, a auga é un ben común de animais, prantas e seres humanos, é primordial coidala e aforrala, porque NON É NOSA e xa desequilibramos a natureza o suficiente como para seguir a facelo.

Aproximadamente 1.100 millóns de persoas, máis ou menos o 18% da poboación mundial non ten acceso a una fonte de auga potábel que sexa segura, e máis de 2.400 millóns de persoas non teñen un saneamento adecuado.

Sei que non é culpa de Vilagarcía que morran 2.200 millóns de persoas (sobre todo nenos) ao ano por enfermidades causadas pola falta de auga potábel e pola insalubridade, mais non sei a vós, mais a min todo isto faime pensar.

Persoalmente gustaríame que algún neno dalgún país en vías de desarrollo que teña que camiñar máis de 3 kilómetros en busca dun pozo con auga “potable”, viñera até o Salnés para ver a maravillosa Festa da Auga. Non sei que cara lle quedaría, pero a felicidade momentánea da emoción  que che causa mollarte e pasalo ben cos amigos, esvaeceríase, e o neno comezaría a darse conta de cantos membros da súa familia, dos seus veciños ou mesmo do poboado enteiro poderían beber nese mesmo momento.

Mentres nós sorrimos outros choran.

Entendo que non temos que vivir con este peso enriba das nosas costas e paréceme moi ben que se vaia a unha festa ou a outra. Aínda así creo que hai que ter presente este tipo de feitos. É moi positivo vivir en paralelo con ese mundo que supostamente está tan lexos de nós, mais cada vez témolo máis preto, queiramos ou non. Tal como van as cousas, nun período de tempo non moi longo, a auga será o novo petróleo. Benvidos a mediados do século XXI onde os seres humanos comezarán a matar para poder beber nun futuro. Do petróleo á auga. Da comodidade á supervivencia. Unha tristeza.

Oxalá o pasarades ben en Vilagarcía.

Ramón R. Nogueira. Consulta máis artigos de Ramón premendo aquí

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.