Sei que hai moitas maneiras de defenderse ante esta pregunta, canto máis se se é de Vilagarcía ou doutra vila ou cidade que leve a cabo una festa que teña como acto central, tirarse auga uns aos outros, caldeiros polas fiestras das casas e mangueirazos dos bombeiros. Uns chámanlle tradición, outros nin o pensan “é así porque é así”. Non nos damos conta que se malgastan unha media dun millón de litros de auga só durante estas horas de “festa”.
Como seres humanos, xa rompemos o ciclo natural da auga, no primeiro momento en que tomamos a auga como propiedade nosa, cando non o é nin de preto. É dicir, no primeiro momento en que fixemos un embalse, una canalización de regadío, etc. Non sei se comprendemos a vital importancia que ten entender isto, a auga é un ben común de animais, prantas e seres humanos, é primordial coidala e aforrala, porque NON É NOSA e xa desequilibramos a natureza o suficiente como para seguir a facelo.
Aproximadamente 1.100 millóns de persoas, máis ou menos o 18% da poboación mundial non ten acceso a una fonte de auga potábel que sexa segura, e máis de 2.400 millóns de persoas non teñen un saneamento adecuado.
Sei que non é culpa de Vilagarcía que morran 2.200 millóns de persoas (sobre todo nenos) ao ano por enfermidades causadas pola falta de auga potábel e pola insalubridade, mais non sei a vós, mais a min todo isto faime pensar.
Persoalmente gustaríame que algún neno dalgún país en vías de desarrollo que teña que camiñar máis de 3 kilómetros en busca dun pozo con auga “potable”, viñera até o Salnés para ver a maravillosa Festa da Auga. Non sei que cara lle quedaría, pero a felicidade momentánea da emoción que che causa mollarte e pasalo ben cos amigos, esvaeceríase, e o neno comezaría a darse conta de cantos membros da súa familia, dos seus veciños ou mesmo do poboado enteiro poderían beber nese mesmo momento.
Mentres nós sorrimos outros choran.
Entendo que non temos que vivir con este peso enriba das nosas costas e paréceme moi ben que se vaia a unha festa ou a outra. Aínda así creo que hai que ter presente este tipo de feitos. É moi positivo vivir en paralelo con ese mundo que supostamente está tan lexos de nós, mais cada vez témolo máis preto, queiramos ou non. Tal como van as cousas, nun período de tempo non moi longo, a auga será o novo petróleo. Benvidos a mediados do século XXI onde os seres humanos comezarán a matar para poder beber nun futuro. Do petróleo á auga. Da comodidade á supervivencia. Unha tristeza.
Oxalá o pasarades ben en Vilagarcía.
Ramón R. Nogueira. Consulta máis artigos de Ramón premendo aquí
Genial, genial y genial! Está perfectamente expresado y con las palabras justas… Toda la razón del mundo!
Se nota que vimos Home no? Lo recomiendo a quien no lo haya visto!
“Mentres nós sorrimos, outros choran” Canta razón.
Terás o don da verba, pero careces do don da orixinalidade: este discurso é o de todos os anos. Cantos litros de albariño (basicamente auga) se converten en ríos de mexo polas rúas e parques de Cambados? Cantos litros usa o concello pola mañá para quitar ese cheiro a urinario que queda en Cambados? Cantos litros de auga se empregan na fabricación das botellas que acaban esnaquizadas tras unha noite de festa? Cantos pesticidas se usan no cultivo do albariño? Cantas árbores arrancadas para poñer parras? Non é a miña intención xustificar o uso indebido da auga, pero pensándoo ben calquera festa queda desprestixiada sempre que exista algunha persoa padecendo. Así que, sen máis, pásao ben nas festas.
Lamentablemente nada do que comentas deixará de suceder porque en Vilagarcía se gasten mil, dous mil ou quincemil litros de auga…si nos poñemos “verdes” co que fan no concello veciño tamén sería bo falar da basura que xenera o noso Albariño, do dano que fan os químicos que se usan na sua producción, do dano que fan a Ría os numerosos polígonos de bateas…e moitas cusas mais. Falar do terceiro mundo, da sua escasez, dos inxustos desequilibrios existentes resulta bastante doado desde esta parte da nosa realidade común. Todas as “festas” son un despilfarro nun o noutro sentido.
É moito mellor non falar dese tercer mundo dende aquí, tes razón. Non hai que tomalo tan a peito, só é unha mera cuestión moral. Claro que fai dano pero non podemos chegar a crear un debate de que é o que fai dano a gran escala porque voltaríamos miles de anos atrás para chegares á conclusión de que o primeiro que fixo dano foi que os nosos antepasados fixeran do lume un ben do ser humano, inventaran a roda e nos fixeramos sedentarios e non nómadas… todo o que escaralla a natureza a día de hoxe veu causado por este tipo de feitos… polo tanto só é ter presente que a festa da auga é un despilfarro, que a festa do Albariño é un despilfarro… por suposto que si, máis se de cando en vez non se fan artigos así a xente vaise esquecendo querido compañeiro…
EN TODAS PARTES COCEN FABAS tes toda a razón do mundo mais por moito que sexa o discurso de todos os anos non quita que sexa realidade e tampouco está de máis dala a coñecer. E por suposto que estou de acordo contigo en que calquera festa queda desprestixiada sempre que exista algunha persoa padecendo, por suposto que si. Mais creo que non é comparábel tirar auga polo mero feito de tirar auga que beber Albariño como un ben gastronómico e típico do país ou da vila no caso de Cambados. Unha cousa non ten que ver coa outra. Realmente co teu comentario déchesme ganas de facer outro tipo de artigo falando do mal que causa o cultivo do Albariño a grande escala.
Aínda así non me ten sentido a comparación dunha Festa de Malgasto de Auga por Malgasto de Auga cunha Festa Gastronómica na que con anterioridade se uso (mal ou ben) moitas cantidades de auga. E creo que xa deixo claro que nós como seres humanos tomamos coma nosa a auga, cando é un ben de todo ser, vivo ou non. De aí que non defendo ningún tipo de malgasto, sexa en viño ou sexa a mangueirazos…
Na festa da auga parece un despilfarro moito máis escandaloso porque vémola auga polo chan durante 4 horas. E repito cantos litros se gastan baldeando Cambados (durante máis de 4 horas en total) sen que ninguén o disfrute? Cantos litros de mexo durante 4 días? E cantos litros de auga de cisternas dos WC (as poucas veces que os empregan)? E creo que moito albariño do que se bebe non se bebe polas súas propiedades organolépticas. A festa do albariño cada ano está máis lonxe de ser unha festa de degustación do bo facer das bodegas, estase a converter nunha bacanal (nunca mellor dito). Pero é moi fácil ver a palla no ollo alleo e é moi difícil ver a botella de albariño no ollo dun cambadés por moito dano que faga. Ademais, paréceme un comentario creado desde esa envexa tan cambadesa cara Vilagarcía, porque dubido moito que se gasten moitos máis litros dos que se gastan no albariño.
Se queremos falar de despilfarro de auga podemos achegarnos calquera día pola mañá ó parque de Torrado para ver como durante un par de horas se “rega” a gravilla mentres o operario que manexa a mangueira fuma un par de pitillos ou está de leria co amigo transeunte de turno.
Logo de recoller os xogos infantís seguen igual de suxos que antes. Tamén da que pensar…