//
arquivo

Archive for

A sección “Opinan” medra


Cando a partires de agora visites CTK lembra que non só deberías fixarte nesta columna. Cando un colaborador envía un artigo para a nova sección “Opinan” aparecerá só á dereita, e premendo na cara do autor accederás ao seu último texto. Tamén podes repasar toda a opinión premendo naquela opción. Seguir lendo

Diario dunha viaxe a NY. Día 3


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe fomos á ponte de Brooklyn que queda perto da zona na que estamos, o downtown. Os anglosaxóns coa súa economía na linguaxe dividen a illa de Manhattan en 3 sectores: abaixo, no medio e arriba (downtown, midtown e uptown). No downtown estaba a zona máis antiga da cidade, onde se instalaron os holandeses, porque Nova York foi primeiro Nova Amsterdan; pero a parte máis antiga é agora a máis moderna porque aí se instalou o centro financieiro, onde estaban as torres xemelgas e onde está aínda a bolsa de NY en Wall street que ten ese nome porque por alí pasaba a muralla defensiva que en tempos antigos tiña esta parte da cidade. Seguir lendo

Diario dunha viaxe a NY. Día 5


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe fomos ao Museo Guggenheim que está na quinta avenida, xusto en fronte de Central Park. Foi feito nos anos 50 polo famoso arquitecto americano Frank Lloyd Wright para conter a colección de arte do millonario americano de orixe xudeo Solomon Guggenheim. As numerosas obras de arte que posuía a familia fixeron que anos máis tarde se abrisen novos espacios para mostralas como en Venecia e Bilbao. Wright meteu en pleno Manhattan un caracol, como se se houbera escapado de Central Park e digo isto porque o museo é unha gran espiral, unha rampa pola que o público vai subindo e contemplando a colección. Un perfecto círculo inscrito na cuadrícula que é Manhattan, como os círculos e cadrados superpostos que aparecen nos cadros de Kandinsky que ten a colección do museo.

Hoxe ademais de custodiar a colección (basicamente autores impresionistas, postimpresionistas e das vangardas históricas) e mostrala ao público, o museo organiza exposicións temporais sobre artistas máis contemporáneos. A que nos tocou a nós foi a do artista-filósofo koreano Lee Ufan. Este artista, moi influído pola filosofía oriental reflexiona nos seus cadros e instalacións escultóricas sobre o espacio e así coloca grandes pedras distribuídas en diferentes contextos, ás veces sobre lenzos, coxíns, planchas de ferro que pese ás diferencias de concepción  lembráronme as obras de Manolo Paz. En Lee Ufan hai unha maior reflexión teórica e a característica sutileza dos orientais, en Manolo Paz temos algo máis bruto pero tamén máis telúrico, máis próximo á natureza. En fin dúas concepcións diferentes feitas en dous lugares moi distantes: por onde nace o sol e por onde se pon, pero resultados semellantes. Ata mañá.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Diario dunha viaxe a NY. Día 4


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe fomos ao MOMA (Museo de arte moderna) que está no midtown. Dende a rúa Houston cara o norte (a illa de Manhattan ten unha forma alongada que se extende máis ou menos de norte a sur) a  cidade planificouse cun plano en damero no que existen anchas avenidas para facilitar o tráfico e que van de norte a sur e están numeradas: a 1ª avenida, a 2ª…  así ata 12, as máis famosas quizais sexan a quinta e a sexta, a esta última  chámanlle tamén a Avenida das Américas e aí se fan os desfiles (“parades”) relacionados cos países americanos como o que se celebra o 12 de outubro ou o que vimos nós hoxe adicado á República Dominicana. Non hai 4ª avda e en vez desa 3 máis: Lexington, Madison e a exclusiva Park avenue. Unha avenida excepcionalmente  vai en diagonal, é Broadway na que cerca da praza de Times square é onde se sitúan gran número de cines e teatros. Transversalmente ás avenidas están as rúas, tamén numeradas de sur (a nº 1) a Norte (a cento e moitos, xa no barrio de Harlem). A quinta avenida tamén divide a cidade polo medio en Leste (east) e oeste (west), e así diferencian entre o West side o East side.  Esta organización urbana é típica das cidades de nova creación, planificadas de antemán como acontece con casi todas as cidades americanas do norte e do sur (lembro por exemplo  Bos Aires). Entre as rúas desenvólvense as mazáns de casas, “cuadras” que din os arxentinos ou “blocks” os neoyorkinos. Con este sistema é doado orientarse na cidade.

O MOMA é un museo estupendo, moi ao estilo anglosaxón,  onde podes sacar fotos libremente (sen flash) e sin sentirte controlada (sempre que cumpras unhas normas mínimas). Están feitos para que os disfrutes e as obras están vivas e non parecen reliquias de  sagradas igrexas que hai que venerar, como os nosos museos. Aos directores dalgúns museos galegos viríalles ben darse unha volta por aquí. Despois dun día bonito, pero agotador, voltamos ao apartamento e descubrimos na escaleira de incendios do edificio, xusto en fronte da nosa ventá un paxaro agonizando (sí tamén hai paxaros en Manhattan, e moitos). Meus fillos puxéronse coma tolos, empeñáronse en collelo e intentar curalo pero o seu estado era tan lamentable, casi sin plumas, e parecía tan enfermo que o descartamos. A seguinte opción que se nos ocurreu foi a eutanásica, pero como?. Puxémonos a buscar obxectos contundentes, meu fiilo dixo que un golpe forte na caluga sería o mellor. Atopamos coitelos, cucharóns de sopa e perchas. E entón decidimos unánimemente que o encargado de dar o golpe de gracia debía ser Manolo (o meu home) que para iso era o cabeza de familia. Manolo mirounos dende a outra habitación e coa sensatez que o caracteriza (non en van é da Portela, unha aldea de Barro) dixo que deixáramos de facer o parvo, “a vida é así”. Ás poucas horas morreu. É curioso que levásemos todo o día vendo persoas sen casa polas rúas (“homeless”), moitas delas enfermas e que non sentísemos demasiada compaixón por elas e en cambio ver un paxaro enfermo conmoveunos. Ata mañá.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.