//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

Diario dunha viaxe a NY. Día 4


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe fomos ao MOMA (Museo de arte moderna) que está no midtown. Dende a rúa Houston cara o norte (a illa de Manhattan ten unha forma alongada que se extende máis ou menos de norte a sur) a  cidade planificouse cun plano en damero no que existen anchas avenidas para facilitar o tráfico e que van de norte a sur e están numeradas: a 1ª avenida, a 2ª…  así ata 12, as máis famosas quizais sexan a quinta e a sexta, a esta última  chámanlle tamén a Avenida das Américas e aí se fan os desfiles (“parades”) relacionados cos países americanos como o que se celebra o 12 de outubro ou o que vimos nós hoxe adicado á República Dominicana. Non hai 4ª avda e en vez desa 3 máis: Lexington, Madison e a exclusiva Park avenue. Unha avenida excepcionalmente  vai en diagonal, é Broadway na que cerca da praza de Times square é onde se sitúan gran número de cines e teatros. Transversalmente ás avenidas están as rúas, tamén numeradas de sur (a nº 1) a Norte (a cento e moitos, xa no barrio de Harlem). A quinta avenida tamén divide a cidade polo medio en Leste (east) e oeste (west), e así diferencian entre o West side o East side.  Esta organización urbana é típica das cidades de nova creación, planificadas de antemán como acontece con casi todas as cidades americanas do norte e do sur (lembro por exemplo  Bos Aires). Entre as rúas desenvólvense as mazáns de casas, “cuadras” que din os arxentinos ou “blocks” os neoyorkinos. Con este sistema é doado orientarse na cidade.

O MOMA é un museo estupendo, moi ao estilo anglosaxón,  onde podes sacar fotos libremente (sen flash) e sin sentirte controlada (sempre que cumpras unhas normas mínimas). Están feitos para que os disfrutes e as obras están vivas e non parecen reliquias de  sagradas igrexas que hai que venerar, como os nosos museos. Aos directores dalgúns museos galegos viríalles ben darse unha volta por aquí. Despois dun día bonito, pero agotador, voltamos ao apartamento e descubrimos na escaleira de incendios do edificio, xusto en fronte da nosa ventá un paxaro agonizando (sí tamén hai paxaros en Manhattan, e moitos). Meus fillos puxéronse coma tolos, empeñáronse en collelo e intentar curalo pero o seu estado era tan lamentable, casi sin plumas, e parecía tan enfermo que o descartamos. A seguinte opción que se nos ocurreu foi a eutanásica, pero como?. Puxémonos a buscar obxectos contundentes, meu fiilo dixo que un golpe forte na caluga sería o mellor. Atopamos coitelos, cucharóns de sopa e perchas. E entón decidimos unánimemente que o encargado de dar o golpe de gracia debía ser Manolo (o meu home) que para iso era o cabeza de familia. Manolo mirounos dende a outra habitación e coa sensatez que o caracteriza (non en van é da Portela, unha aldea de Barro) dixo que deixáramos de facer o parvo, “a vida é así”. Ás poucas horas morreu. É curioso que levásemos todo o día vendo persoas sen casa polas rúas (“homeless”), moitas delas enfermas e que non sentísemos demasiada compaixón por elas e en cambio ver un paxaro enfermo conmoveunos. Ata mañá.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: