//
arquivo

Archive for

Diario dunha viaxe a NY. Día 6


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe fomos ao Museo de Historia Natural, meus fillos empeñáronse en ir ver a colección de dinosaurios que teñen. A verdade é que é un museo estupendo, moi entretido incluso para os que somos “de letras”. Gustoume moito a parte sobre o Espacio e o Universo. Alí aparecía un panel que dicía que somos “polvo de estrelas”: os minerais que están no noso corpo, o osíxeno que respiramos, o carbono dos nosos músculos, o calcio dos osos e o ferro que corre polo sangue das nosas veas, proceden das estrelas, formadas moito antes que o planeta Terra.

O Museo está no Upper West Side, en fronte de Central Park,  unha zona rica, alí está tamén o edifico Dakota, onde viviu e morreu Lennon. Xusto en fronte, no outro lado de Central Park está o Upper East Side, tamén zona rica, pero según di a guía que teño é máis conservadora (votan republicano, ou sexa PP), pola contra os do Upper West Side son máis liberais (votan demócrata, ou sexa PSOE) e parece que non se levan moi ben os dun lado e outro. Vamos que teñen unha rivalidade parecida á que hai en Cambados entre os de Triana e os de Sto Tomé (anque en Cambados todos votan PP). Mañá máis.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.