O voceiro do Bloque de Cambados, Víctor Caamaño, presentou unha pregunta no Concello para coñecer a lista das persoas que foron convidadas a comer no Xantar do Albariño. No escrito lembra que como concelleiro ten dereito a ter acceso a dita información e recorda que aínda non lle foi facilitada a lista do ano pasado (segundo Aragunde aquelo debíase a un erro informático). Seguir lendo
Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York
Tres sábados do mes de agosto organizan nas rúas de Manhattan as “summer streets”; cortan ao tráfico de coches un eixo que vai de sur a norte: rúa Lafayette-Park avenue ata Central Park e pódese ir en bici, correndo, patinando… Ademais compañías de alquiler de bicis cédenche gratuitamente unha bici durante unha hora para que fagas o percorrido (o que non é pouco nesta cidade onde se paga por todo). Foi unha experiencia bonita percorrer Manhattan sen coches e ver os rañaceos dende as rúas que normalmente están dominadas polo “deus” automóbil.
Chamoume a atención que toda a actividade contase coa colaboración de empresas e moitos voluntarios, que eran os que organizaban o tráfico (anque coa presenza en todo momento da policía de NY). É curioso que nesta sociedade tan individualista e competitiva a xente é moito máis colaborativa ca nós en temas cidadáns. Falámolo Manolo e eu e a min ocurriuseme que podía influir a orixe relixiosa protestante que ten un sistema asambleario e non xerárquico coma os católicos. A igrexa protestante fomenta máis a colaboración, na misa os fieis participan más, cántase, lese a biblia, discútese sobre ela. No catolicismo o cura dirixe todo. Bueno quen sabe, o que é certo é que esta actividade de verán apenas lle costou diñeiro ás arcas municipais pola colaboración de empresas e voluntarios e non sei si ese é o mellor modelo pero nos tempos que corren, Europa vai ter que ir cara algo semellante. Non hai sociedade perfecta nin imperfecta totalmente, e non serei eu quen defenda o modelo americano pero si que vexo certa flexibilidade que facilita moito a innovación. Escoiteille dicir a un científico español que viviu en USA que o modelo anglosaxón en investigación era que ti presentabas un proxecto, deixábanche facer pero eso sí ao final tiñas que rendir contas dos obxectivos propostos (e inclusive devolver o diñeiro se non os acadaches); en España é ó revés tes que presentar un proxecto detallado, axustándose escrupulosamente ás normas legais e si consigues que cho aproben, adiante que ninguén che vai comprobar ao final si acadaches resultados, é dicir as forzas vanse na burocracia. Cal é mellor sistema?, vos que opinades?
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.
Recollíao La Voz de Arousa, e facíase eco tamén Cambadosweb nun artigo. Aragunde sacou o tema na constitución da Mesa Local do Comercio, pero en contra do que moitos esperamos, a súa declaración foi máis unha vez contraria ao peche da praza ao tráfico. Escudouse precisamente na suposta negativa dos comerciantes da zona en realizar dita acción. Seguir lendo