//
estás a ler...
., Cambados

Aragunde sorprende con mencións á peonalización de Fefiñáns


Recollíao La Voz de Arousa, e facíase eco tamén Cambadosweb nun artigo. Aragunde sacou o tema na constitución da Mesa Local do Comercio, pero en contra do que moitos esperamos, a súa declaración foi máis unha vez contraria ao peche da praza ao tráfico. Escudouse precisamente na suposta negativa dos comerciantes da zona en realizar dita acción.

O BNG, en nota de prensa, lembrou os beneficios que tivo esta iniciativa en diferentes lugares nos que se aplicou, en particular recordou que esas outras peonalizacións  remataron nunha “mellora comercial e incremento da actividade económica da zona”. Víctor Caamaño cre que o alcalde de Cambados debería ser o máximo valedor desta proposta e ser o encargado de convencer á hostelaría e comercio do potencial económico que aínda agacha Fefiñáns.

Tamén cren os nacionalistas que Aragunde empregou para a Praza da Leña (que este verán, acertadamente, está sendo peonil) os mesmos argumentos que utiliza para rexeitar a medida en Fefiñáns.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: