//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

Diario dunha viaxe a NY. Día 7


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Tres sábados do mes de agosto organizan nas rúas de Manhattan as “summer streets”; cortan ao tráfico de coches un eixo que vai de sur a norte: rúa Lafayette-Park avenue ata Central Park e pódese ir en bici, correndo, patinando… Ademais compañías de alquiler de bicis cédenche gratuitamente unha bici durante unha hora para que fagas o percorrido (o que non é pouco nesta cidade onde se paga por todo). Foi unha experiencia bonita percorrer Manhattan sen coches e ver os rañaceos dende as rúas que normalmente están dominadas polo “deus” automóbil.

Chamoume a atención que toda a actividade contase coa colaboración de empresas e moitos voluntarios, que eran os que organizaban o tráfico (anque coa presenza en todo momento da policía de NY). É curioso que nesta sociedade tan individualista e competitiva a xente é moito máis colaborativa ca nós en temas cidadáns. Falámolo Manolo e eu e a min ocurriuseme que podía influir a orixe relixiosa protestante que ten un sistema asambleario e non xerárquico coma os católicos. A igrexa protestante fomenta máis a colaboración, na misa os fieis participan más, cántase, lese a biblia, discútese sobre ela. No catolicismo o cura dirixe todo. Bueno quen sabe, o que é certo é que esta actividade de verán apenas lle costou diñeiro ás arcas municipais pola colaboración de empresas e voluntarios e non sei si ese é o mellor modelo pero nos tempos que corren, Europa vai ter que ir cara algo semellante. Non hai sociedade perfecta nin imperfecta totalmente, e non serei eu quen defenda o modelo americano pero si que vexo certa flexibilidade que facilita moito a innovación. Escoiteille dicir a un científico español que viviu en USA  que o modelo anglosaxón en investigación era que ti presentabas un proxecto, deixábanche facer pero eso sí ao final tiñas que rendir contas dos obxectivos propostos (e inclusive devolver o diñeiro se non os acadaches); en España é ó revés tes que presentar un proxecto detallado, axustándose escrupulosamente ás normas legais e si consigues que cho aproben, adiante que ninguén che vai comprobar ao final si acadaches resultados, é dicir as forzas vanse na burocracia. Cal é mellor sistema?, vos que opinades?

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

2 thoughts on “Diario dunha viaxe a NY. Día 7

  1. Home, quizais non sexa cuestión de branco ou negro…pero está claro que o modelo anglosaxón ten como punto positivo que, segundo parece, eres valorado sempre polos méritos, no español non sempre é así (todos coñecemos exemplos de persoas en universidades que non están aí tras unha xusta competición senón por amizade/familia). E no tema de investigación, o de ter que devolver os cartos quizais sexa esaxerado, eu buscaría un termo medio. Ter que presentar antes o que vas facer e os obxectivos, e cando rematas probar que aínda que non consigas os resultados esperados (non todas as investigacións son exitosas) si que houbo un traballo serio e rigoroso, en definitiva que empregaras os fondos que obtiveches con todas as consecuencias.
    Non é un tema sinxelo!

    Posted by Óscar | 21/08/2011, 7:21 pm
    • No tema das investigacións Óscar o de devolver os cartos non é unha cousa corrente, ti presentas unha idea e a forma de desenvolvela, eles financian, pero no momento que a administración pon cartos nalgo hay que ter resultados, positivos ou negativos, pero hay que traballar no asunto, non deitarse a sombra e vivir da inversión. Iso tamén pasa na empresa privada, alí tamén hay subvencións para I+D+I pero son concedidas a proxectos con perspectivas de negocio, as empresas son valoradas polo seu éxito no empleo destes cartos, si acumulan varios fracasos en investigación costalles mais acadar novas inversións do estado.

      Si lle contas a un Americano que aquí damos axudas do 60% do presuposto presentado para facer películas que teñen como único requisito que sexan finalizadas e visualizadas en polo menos 10 cines, diche que estamos locos.

      Posted by Isma | 31/08/2011, 12:35 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: