Este sábado 27 de agosto, celébrase nas rías baixas o Dolorock 2011, a partir das 21:00h na localidade de Mosteiro. Este vindeiro xoves celebrarase a presentación do festival deste ano, no salón de Congresos e Exposicións José Peña, en Cambados.
Este xoves, xa comeza a música na mesma presentación, co artista invitado, Xoel López, que comezará ás 22:00h. A entrada será de balde até completar o aforo do local. Seguir lendo
Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York
Hoxe repetimos 5ª avenida. Alí atópase a milla dos museos, ademais do Guggenheim están o Metropolitan (de arte antigo), o Museo Whitney (de arte americano) e o Frick (a colección dun millonario). Todos estes museos están fronte a Central Park, ao rematar este empeza a milla dos comercios máis exclusivos. Empeza fronte ao Hotel Plaza coa espectacular tenda de Apple (que está nun planta subterránea e ten unha sorprendente cuberta cúbica acristalada). A partir de aí están todas as tendas de roupa de coñecidas marcas francesas e italianas, a Trump Tower, a famosa xoiería Tiffany (a que saía na película de Audrey Hepburn, Almorzo con diamantes) que por certo tiña uns escaparates moi veraniegos decorados con xeados sobre os que colocaban aneis con voluminosos diamantes (mira que si te tragas un…) e por suposto non podía faltar Zara nun dos mellores solares da rúa. E alí estaba tamén, no corazón do capitalismo, a Catedral de San Patricio, relixión e diñeiro sempre están xuntos. Trátase dunha igrexa neogótica coas súas típicas agullas intentando tocar o ceo, coma os rañaceos. Uns están dedicados ao “deus diñeiro” e a igrexa ao “deus verdadeiro”(?) utilizando formas semellantes. Ata mañá.
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.
Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York
Como era domingo decidimos ir a misa, e ningún sitio mellor que Harlem para ir á igrexa. Conforme iamos pasando estacións no metro ian achegándose máis turistas, semellaba que todas as guías dician o mesmo: a mellor igrexa para escoitar un coro de gospel era a Abyssinian Baptist Church. Deste xeito cando chegamos a Harlem pareciamos un rebaño de turistas caucasianos (ou sexa brancos) en medio dos habitantes de Harlem afroamericanos (ou sexa negros). Para acceder á igrexa formouse unha enorme cola que varios feligreses negros elegantemente vestidos para a misa trataban de organizar sin moito éxito. Cando xa levabamos un bo anaco esperando, un destes feligreses informounos que non ía a haber sitio para todos na igrexa; un francés idiota (e ocúrrenseme apelativos peores) empezou a protestar por ternos na cola esperando sen avisarnos antes. Quedáronme ganas de preguntarlle si alguén lle mandara vir ata alí, ou si pagara algunha entrada, porque esta xente nos estaba deixando entrar no seu servicio relixioso sin cobrar un peso (cousa rara na vella Europa). En fin que nos quedamos sin escoitar gospel. Fomos cara a parada de autobús que nos levaría á quinta avenida e mentres esperabamos puidemos ver os restos que quedaban da noite do sábado anterior: numerosas botellas de licor tiradas polo chan. Tamén vimos a moita xente elegantemente vestida, especialmente bonitas ían as nenas cos seus vestidos de flores e repoludos peiteados, supoño que irían a misa, ou non, simplemente era domingo. E todo isto lembroume o dito que aparece na guía de que en Harlem “hai un bar en cada esquina e unha igrexa en cada mazá”. Dun xeito ou outro vaise soportando a vida.
Baixamos do autobús na 5ª avenida e non fai falla dicir que o contraste foi notable. A riqueza da zona vese en moitas cousas pero chamoume especialmente a atención unha, os cans. Non debe de haber neoyorkino de nivel que non teña un can de pedigree, ou dous, porque soen ter parellas idénticas, supoño que macho e femia. E ás veces ata se poden ver persoas paseando 3 cans (ou máis), supoño que o número de cans será directamente proporcional á soedade que sinten. Ata mañá.
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.