//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

Diario dunha viaxe a NY. Día 9


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe repetimos 5ª avenida. Alí atópase a milla dos museos, ademais do Guggenheim están o Metropolitan (de arte antigo), o Museo Whitney (de arte americano) e o Frick (a colección dun millonario). Todos estes museos están fronte a Central Park, ao rematar este empeza a milla dos comercios máis exclusivos. Empeza fronte ao Hotel Plaza coa espectacular tenda de Apple (que está nun planta subterránea e ten unha sorprendente cuberta cúbica acristalada). A partir de aí están todas as tendas de roupa de coñecidas marcas francesas e italianas, a Trump Tower, a famosa xoiería Tiffany (a que saía na película de Audrey Hepburn, Almorzo con diamantes) que por certo tiña uns escaparates moi veraniegos decorados con xeados sobre os que colocaban aneis con voluminosos diamantes  (mira que si te tragas un…) e por suposto non podía faltar Zara nun dos mellores solares da rúa. E alí estaba tamén, no corazón do capitalismo, a Catedral de San Patricio, relixión e diñeiro sempre están xuntos. Trátase dunha igrexa neogótica coas súas típicas agullas intentando tocar o ceo, coma os rañaceos. Uns están dedicados ao “deus diñeiro” e a igrexa ao “deus verdadeiro”(?) utilizando formas semellantes. Ata mañá.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: