//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

Diario dunha viaxe a NY. Día 8


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Como era domingo decidimos ir a misa, e ningún sitio mellor que Harlem para ir á igrexa. Conforme iamos pasando estacións no metro ian achegándose máis turistas, semellaba que todas as guías dician o mesmo: a mellor igrexa para escoitar un coro de gospel era a Abyssinian Baptist Church. Deste xeito cando chegamos a Harlem pareciamos un rebaño de turistas caucasianos (ou sexa brancos) en medio dos habitantes de Harlem afroamericanos (ou sexa negros). Para acceder á igrexa formouse unha enorme cola que varios feligreses negros elegantemente vestidos para a misa trataban de organizar sin moito éxito. Cando xa levabamos un bo anaco esperando, un destes feligreses  informounos que non ía a haber sitio para todos na igrexa; un francés idiota (e ocúrrenseme apelativos peores) empezou a protestar por ternos na cola esperando sen avisarnos antes. Quedáronme ganas de preguntarlle si alguén lle mandara vir ata alí, ou si pagara algunha entrada, porque esta xente nos estaba deixando entrar no seu servicio relixioso sin cobrar un peso (cousa rara na vella Europa). En fin que nos quedamos sin escoitar gospel. Fomos cara a parada de autobús que nos levaría á quinta avenida e mentres esperabamos puidemos ver os restos que quedaban da noite do sábado anterior: numerosas botellas de licor tiradas polo chan. Tamén vimos a moita xente elegantemente vestida, especialmente bonitas ían as nenas cos seus vestidos de flores e repoludos peiteados, supoño que irían a misa, ou non, simplemente era domingo. E todo isto lembroume o dito que aparece na guía de que en Harlem “hai un bar en cada esquina e unha igrexa en cada mazá”. Dun xeito ou outro vaise soportando a vida.

Baixamos do autobús na 5ª avenida e non fai falla dicir que o contraste foi notable. A riqueza da zona vese en moitas cousas pero chamoume especialmente a atención unha, os cans. Non debe de haber neoyorkino de nivel que non teña un can de pedigree, ou dous, porque soen ter parellas idénticas, supoño que macho e femia. E ás veces ata se poden ver persoas paseando 3 cans (ou máis), supoño que o número de cans será directamente proporcional á soedade que sinten. Ata mañá.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: