//
estás a ler...
Uncategorized

O Concello ten que reasignar partidas para cubrir gastos


No pleno de hoxe presentaranse as contas do ano 2010. Segundo informaba Faro de Vigo o alcalde propoñerá reasignar partidas para empregar en diferentes ámbitos para os que non quedan cartos, tales como a electricidade do Centro de Saúde, o vestiario da policía e Protección Civil, o funcionamento da depuradora do Facho… Segundo o propio xornal “cando o Concello fixo o orzamento de 2011 non calculou ben os gastos -ou estes se desbocaron-“.

Ademais, nesta liña, Luis Aragunde quere que todas as forzas aproben unha taxa que grave o uso do espazo aéreo de Cambados por parte das compañías telefónicas, xa que emiten ondas que se transmiten polo aire para dar cobertura móbil aos usuarios. Mediante este mecanismo -que aínda non se sabe se é legal- o Concello podería embolsarse máis de 50.000 euros. Actualmente as operadoras pagan aos donos dos terreos ou edificios onde levantan as súas antenas.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: