Segundo nos conta o xornal La Voz De Galicia, a exposición de Asorey na nosa localidade, situada no Pazo Torrado e da cal xa falamos máis veces no blog, tivo unha gran afluencia este verán en Cambados.
Contan cunhas 2000 visitas (300 de media ao día) só na semana do Albariño, a semana con máis cantidade de xente na exposición, como é lóxico, ao estar a vila repleta de xente. Até o momento, no verán contan cunhas 5000 visitas de persoas que se achegan até o pazo para admirar e disfrutar as obras de Francisco Asorey.
Ademais de galegos e galegas tamén hai arquivadas visitas de franceses, alemáns, portugueses e doutras partes do Estado Español. Por suposto, non faltabron persoeiros como Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, conselleiros como Roberto Varela ou Rosa Quintana e como non, escultores cambadeses como Manolo Paz ou Francisco Leiro.
Dende aquí recomendo que as persoas que non forades á exposición vaiades de contado, xa que remata en Setembro e é digna de ver.
Conversa
Aínda non hai comentarios.