//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

Diario dunha viaxe a NY. Día 13


Continúa a serie de artigos de Maribel Iglesias desde a cidade de Nova York

Hoxe visitamos a “Illa da Liberdade” onde se atopa a famosa estatua. A escultura é un bodrio, o seu autor (francés) deseñouna ao parecer para a Canle de Suez como símbolo do encontro entre Europa e Asia, ese proxecto fracasou e readaptouna para o actual emprazamento, regalo do goberno francés ao

americano ao que o unían lazos de fonda amizade dende que os americanos recibiron axuda francesa na súa Guerra da Independencia fronte a Gran Bretaña. Anque a escultura non
vale un peso, paga a pena ir ata alí e contemplar as fermosas vistas de Manhattan e New Jersey dende o mar; tamén o percorrido actual inclúe unha parada na Illa de Ellis por onde entraron a maioría dos emigrantes europeos a EEUU ata os anos 20. Hai na illa un museo interesante sobre iso e un monumento cos nomes de todos os emigrantes rexistrados ao entrar na illa (uns 8 millóns), foi curioso atopar moitos nomes galegos, lembro especialmente un “Avelino Iglesias”, por levar o meu apelido. Para min que son filla de emigrantes foi especialmente emotivo poñerme na pel deses homes e mulleres que despois dunha longa travesía chea de penas e esperanzas a partes iguais, vían dende o barco, na entrada do porto de Nova York a Estatua da Liberdade que lles anunciaba (ou iso pensaban eles) un futuro mellor.

Pola tarde fomos a Times Square, meus fillos tiñan especial interese en ir, supoño que porque sae moito nas películas e porque alí está o Hard Rock Café. A min lembroume a película de Blade Runner, sólo faltaba a chuvia. E para completar a escea futurista alí estaban ducias de fans de Lady Gaga que polo visto estaba no interior dun dos edificios e ía vir saudar. Pero levabamos media hora esperando e Lady Gaga non aparecía así que nos fomos. Mariña dixolle ás amigas polo tuenti que “casi” viu a Lady Gaga. Ata mañá.   (Actualizado o día 30/08/11 para engadir o parágrafo que “comimos”. Desculpas a lectores e autora)

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

5 thoughts on “Diario dunha viaxe a NY. Día 13

  1. Dicir que a estatua da liberdade é un bodrio é unha opinión bastante arriscada e non exenta de polémica, porque para que o lector teña unha idea de por que se di iso, hai que saber que é para o autor do artigo unha estatua con certa relevancia.

    “…vían dende ou barco, na entrada do porto de Nova York a Estatua dá Liberdade que lles anunciaba (ou iso pensaban eles) un futuro mellor.”

    Para moitos dos chegados o futuro foi mellor sen dúbida, senón para eles si para as súas familias. De todos os xeitos hai unha placa en Ellis island que explica perfectamente en que se baseou o soño Americano.

    Well, I came to America because I heard the streets were paved with gold. When I got here, I found out three things. First, we weren’t paved with gold; second, they weren´t paved at all; and third, I was expected to pave them.

    Old italian story.

    Que quere dicir algo así:

    Así, cheguei a Estados Unidos porque ouvín que as rúas estaban pavimentadas con ouro. Cando cheguei aquí, decateime de tres cousas. En primeiro lugar, que non estaban pavimentadas con ouro, en segundo lugar, que non estaban pavimentadas, e terceiro, que se esperaba que o fixese eu.

    Historia antiga italiana

    Posted by Isma | 30/08/2011, 1:34 pm
  2. Isma alégrome de que repliques, sempre é interesante que a xente reaccione. Quizais non me coñeces pero a min gústame un pouco provocar coas cousas que digo e iste é un diario persoal no que digo o que penso (o que significa que ás veces non penso o que digo). Reafírmome no que digo a estatua da liberdade non me gusta como obra artística (sí me gustan as obras de Asorey) e para moitos emigrantes a vida en América supuxo mellorar e moitos outros quedaron no camiño, parece que queda como máis literario ser un pouco pesimista. O teu conto italiano parece que tamén fala nese sentido. Dito todo isto direiche que a min como filla de emigrantes emocionoume estar alí ao mellor non o souben transmitir no diario. Saúdos.

    Posted by maribel | 30/08/2011, 10:24 pm
  3. Pois si que transmitiches emoción, non te preocupes por iso, o que pasa e que me sorprendeu un pouco o de “bodrio”, non é que eu pense que é unha obra maestra, pero non me atrevería a calificar algo de bodrio sin dar unha idea de por qué o penso así, por iso o meu comentario.

    Gustoume moito o teu diario de viaxe, fíxome recordar a miña estancia alí fai uns anos, teño cousas pendentes de ver polo que pode que sexa o momento de comezar a pensar en volver a Gran Mazá.

    Por certo ¿estiveches paseando polo High Line? porque e un sitio o que lle teño ganas, sinto curiosidade por ver como queda iso da recuperación dun espazo publico como é a via dun tren elevado.

    Posted by Isma | 31/08/2011, 12:19 pm
  4. O high line está en Chelsea? por alí andivemos buscando galerías pero non subimos. Tiña boa pinta e efectivamente é unha antiga vía de tren elevada recuperada como vía peatonal. Sorprendeume a transformación desta zona de Nova York que de ser un área industrial agora ten galerías de arte, moitos restaurantes e a cor que dá moita poboación gay. Saúdos.

    Posted by maribel | 01/09/2011, 6:23 pm
  5. Si Maribel, está no barrio-zona de Chelsea, e paréceme, polo que puiden ver en fotos, unha interesante medida. O custo de adecentalo foi 10 veces mais pequeno que retirar a estructura, dise que é a obra de calado social e estructural mais barata feita en NY nos ultimos 50 anos.

    Posted by Isma | 08/09/2011, 11:33 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Agosto 2011
L M M X V S D
« Xul   Set »
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: