Xa se falou nesta mesma páxina da importancia da Exposición de escultura de Francisco Asorey que acolle este mes o Pazo de Torrado, e que irá proximamente para Santiago e logo Madrid. Este sábado a asociación de ensinantes do Salnés, Candea, organiza unha visita guiada por Maribel Iglesias á mesma.
Maribel estudou en profundidade a este artista, mantén un blog sobre o mesmo en internet, e foi ela quen redactou a biografía que se reparte na propia exposición aos visitantes.
Se a exposición xa é de por si boa, é un luxo contar con esta actividade. O sábado ás seis da tarde no Pazo de Torrado.
Conversa
Aínda non hai comentarios.