Hoxe comeza o I Festival da Pulga en Cambados. Un acto que organiza a Refuxio de animais coa colaboración do propio Concello. Este festival terá unha duración de tres días, comezando o día de hoxe, 2 de setembro, ás 21:00h cun monólogo de Rober Bodegas na praza do concello.
O BNG preguntou no Parlamento a semana pasada por medio do seu deputado Bieito Lobeira pola situación das traballadoras da factoría de Real Conservera Española no Polígono de Cambados [le a moción].
Esta factoría, lembra o BNG, foi posta en marcha grazas a unha importante subvención da Xunta de Galicia (3.2 millóns de euros da Consellaría de Industria e 2.6 millón da Consellaría de Mar; dos 8.5 que custou montar a fábrica, é dicir, recibiu case un 70% do que custou en subvencións). Seguir lendo
No pleno do pasado mes de agosto o BNG recibiu algunhas das respostas que levaba tempo agardando. Entre as contestacións do concello estaba a resposta sobre o custo do xantar dos xubilados do pasado mes de maio. O concello respondeu textualmente:
“Pendente de recibir algunha factura, o custo estímase como outros anos en 20.000 €”. Como se entende desta resposta, este é un evento que se ven repetindo desde hai anos e que a súa eliminación non entra dentro do concepto de austeridade do PP. E semella que a dinámica seguirá no futuro, pois no orzamento para o 2.011 hai asignada para este evento, unha partida de 25.000 €.
Neste momento de profunda crise económica resulta lamentable que o concello de Cambados, sinalado no último informe do Consello de Contas coma un dos que se encontra en situación económica crítica (encóntrase entre os peores 50 dos máis de 300 concellos galegos), asigne esa cantidade para un xantar destas características. Podería entenderse que o asignaran para outras actividades dirixidas a mellorar o benestar dos nosos maiores (enténdase, por exemplo, asistencia a balnearios), pero resulta inaceptable que un concello na situación económica do noso, con máis de 4 millóns de € de endebedamento, destine 20.000 € a un xantar. Un xantar que ademais ten unha finalidade puramente electoralista, onde non poden faltar os discursos partidistas do alcalde e do presidente da Deputación e, por suposto, sen a presenza dos grupos da oposición.