//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Víctor Caamaño

A austeridade publicitaria do PP


No pleno do pasado mes de agosto o BNG recibiu algunhas das respostas que levaba tempo agardando. Entre as contestacións do concello estaba a resposta sobre o custo do xantar dos xubilados do pasado mes de maio. O concello respondeu textualmente:
“Pendente de recibir algunha factura, o custo estímase como outros anos en 20.000 €”. Como se entende desta resposta, este é un evento que se ven repetindo desde hai anos e que a súa eliminación non entra dentro do concepto de austeridade do PP. E semella que a dinámica seguirá no futuro, pois no orzamento para o 2.011 hai asignada para este evento, unha partida de 25.000 €.

Neste momento de profunda crise económica resulta lamentable que o concello de Cambados, sinalado no último informe do Consello de Contas coma un dos que se encontra en situación económica crítica (encóntrase entre os peores 50 dos máis de 300 concellos galegos), asigne esa cantidade para un xantar destas características. Podería entenderse que o asignaran para outras actividades dirixidas a mellorar o benestar dos nosos maiores (enténdase, por exemplo, asistencia a balnearios), pero resulta inaceptable que un concello na situación económica do noso, con máis de 4 millóns  de € de endebedamento, destine 20.000 € a un xantar. Un xantar que ademais ten unha finalidade puramente electoralista, onde non poden faltar os discursos partidistas do alcalde e do presidente da Deputación e, por suposto, sen a presenza dos grupos da oposición.

Como se pode observar, o PP na xestión dos cartos públicos aplica a austeridade para o cidadán pero non cando os cartos son para o seu beneficio político. A mesma austeridade é aplicada para viaxar a Arxentina, con cartos públicos, na procura de votos (recórdese que os emigrantes votarán nas eleccións xerais e nas galegas). E na viaxe a Arxentina o alcalde de Cambados é un modelo de xestor pois gasta 16.675 € para entregar axudas por valor de 5.100 €. E, por suposto, en calquera actividade do PP non
pode faltar un xantar; o de Arxentina “só custou” 6.000 €.

E por se o exemplo de austeridade non fose suficiente aínda queda o xantar do Albariño, onde aínda non facilitaron o número de convidados dos últimos dous anos. Nos anos anteriores os convidados rondaban os 500, a razón de 50 € por invitación. Como se pode comprobar no concello de Cambados non se aplica o criterio de austeridade cando o beneficiario é o PP. Falar de austeridade no concello de Cambados é unha verdadeira burla ao cidadán.

Víctor Caamaño. Voceiro do BNG de Cambados. Podes ler o seu blog premendo aquí.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: