//
estás a ler...
., Cambados

Constituíronse as Xuventudes Socialistas de Cambados


O acto de presentación da nova organización da mocidade tivo lugar o pasado sábado no Parador de Cambados. Domingo Tabuyo, deputado do PSOE en Madrid e ex concelleiro, salientou a importancia deste novo proxecto que segundo el é a “semente” para que o partido medre a curto prazo.

O secretario xeral das Xuventudes do PSOE chámase Ismael Agra, veciño de Vilariño, e que quere que a organización que dirixe se preocupe polas políticas de mocidade, ante un goberno local cun Concelleiro de Xuventude “que non sabemos aínda quen é” porque “non fixo nada”.

Xuventudes Socialistas é a segunda organización partidaria do ámbito da mocidade que existe en Cambados, logo de que hai un ano e medio xurdiran as Novas Xeracións do Partido Popular, aínda que nese caso a súa aparición non se traduciu en actividade real.

Imaxe extraída de La Voz de Arousa

Conversa

One thought on “Constituíronse as Xuventudes Socialistas de Cambados

  1. Bom, em breves haverá um comité local de galiza nova…os únicos qe fare-mos algo polo povo! Mais desexo-lhe moita sorte o companheiro Ismael, sei que é uma pessoa capacitada para fazer o bem por Cambados.

    Posted by galiza ceibe | 07/09/2011, 11:16 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: