//
estás a ler...
., Cambados

Candea adica as súas xornadas á Química


A asociación de ensinantes do Salnés, Candea, organiza como cada ano as súas Xornadas Pedagóxicas. Desta volta, na XV edición, as actividades que organizan englóbanse dentro do “Ano da Química” que a Asemblea Xeral da ONU declarou para este 2011.

A Química, recordan con acerto desde Candea, está presente en todos e cada un dos momentos da nosa vida (como sería un día sen ela?). Química non é simplemente un científico nun laboratorio…o xabrón, a pasta de dentes, os medicamentos, a auga potábel, os combustíbeis que empregamos…todo é posible grazas a ela. Tamén ten efectos negativos, como a choiva ácida, a contaminación, o quecemento global…

En definitiva, Química atópase de xeito cotiá na nosa vida, nas nosas cociñas, no noso corpo, as reaccións químicas están en todas partes. As Xornadas pretenden contribuir a colaborar na educación e formación de cidadáns comprometidos e respectuosos co medio ambiente e a sostibilidade a través dun uso e consumo responsable dos produtos que a química pon ao noso alcance.

As actividades desenvolveranse no Salón de Actos do IES Francisco Asorey os días 12, 13, 14, 15 e 16 de Setembro de 16.30 a 20.30, cun total de 20 horas homolagadas pola Consellaría de Educación. A inscrición pode facerse nos números 986520407 e 986520161 e é de 30 euros ou 20 para socios de Candea e desempregados. Celebraranse conferencias, obradoiros e incluso unha saída. Podes ler por completo o interesante programa das Xornadas premendo aquí.

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: