//
estás a ler...
., Cambados

Nin o BNG nin o Valedor reciben a lista de convidados ao Xantar do Albariño (de 2010)


O voceiro do BNG, Víctor Caamaño, leva máis de un ano pedindo a lista de convidados (e o motivo do convite) ao Xantar do Albariño de 2010. De feito, esta petición xa se solapa coa petición da lista da última edición da Festa.

Durante este tempo Caamaño solicitou ao Alcalde en pleno da Corporación dita información en repetidas ocasións, e até demandou axuda ao Valedor do Pobo. Nin o BNG nin o Valedor conseguiron aínda que Luís Aragunde publicara a información, a pesar de que hai uns quince días asegurou que a semana pasada o BNG tería nas súas mans a famosa lista, tanto deste ano coma do anterior.

Aínda hai tan só catro días o Valedor do Pobo informou a Víctor Caamaño que procedía a solicitar ao Concello de Cambados o informe sobre o Xantar.

A “excusa” esgrimida por Aragunde para demorar un ano na entrega da documentación foi que existía un “erro informático” que impedía tramitar a petición. Teremos que agardar a coñecer se existe unha nova excusa para a nova demora.

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: