//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Óscar Pardo-Planas, Cambados

Información resesa pero necesaria


O Concello puxo fin esta semana ao “secuestro” de información sobre o caso do Xantar do Albariño. Fíxolle falla máis de un ano,  varias interpelacións do voceiro do BNG no Pleno e ata 2 peticións do Valedor do Pobo.

O que se lle pedía era simple: unha relación de todas as persoas que foron convidadas ao Xantar (invitación realizada con cartos de todos os cambadeses) e o motivo que esgrime o Concello para cursar ditos convites. Unha información que non ten que “fabricar”, salvo que a queira modificar intencionadamente porque haxa algo que ocultar, e que tan só tería que imprimir e enviar.

O goberno de Cambados e en concreto o alcalde, demostraron unha excepcional falta de respecto non só á Oposición, senón a todos os cambadeses, xa que incumprindo a súa obriga legal de informar aos concelleiros estase a desprezar o suposto carácter democrático do Concello.E digo suposto porque  feitos como este (máis de un ano de espera por unha lista) sumados á tónica habitual, demostran que o xeito de gobernar en Cambados dista bastante de ser limpo, transparente e democrático.

A maioría absoluta, por moi folgada que sexa, non pón a ninguen por riba das leis (nin da ética). Isto é algo que o PP e Aragunde deberían ter presente para estes catro anos.

O BNG anunciou hai escasos días aos medios que por fin conta coa famosa lista e que logo de estudala emitirán unha valoración e a publicarán ou non. A min só me resta agardar que o Consello Local do Bloque se pronuncie sobre a información da que agora dispoñen e que, xunto coa súa valoración política sobre o asunto se faga público o documento íntegro entregado polo Concello a Víctor Caamaño.

Para que todos poidamos facer a nosa lectura. E saibamos en que (e neste caso en quen) se gastan os nosos cartos.

Óscar Pardo-Planas. Podes ler todos os seus artigos premendo aquí.

 

———————————————–

Actualizado o 17 de Setembro ás 19.30 horas: Xa hai lista pero de momento non é pública. Podes ler a valoración do BNG premendo aquí.


Advertisements

Conversa

3 thoughts on “Información resesa pero necesaria

  1. Eu o que penso e que a lista deberia ser publicada de todas maneiras. E informacion que todo cambades deberia ser quen de ter acceso a ela e ainda que non sexa tan polemica como se espera, debe ser publicada.

    Perdon pola falta de tildes.

    Posted by comomepos | 14/09/2011, 11:45 pm
  2. Totalmente dacordo contigo, sexa cal sexa o balance, que de calquera xeito non será positivo para o goberno polo número de persoas implicadas, a lista debe ser publicada íntegra.
    Nunhas horas veremos se é posible (e que son unhas horas despois de 13 meses?).

    Posted by Óscar | 15/09/2011, 2:57 am
  3. Coido que a lista de convidados ten que facerse pública xa que do contrario non tería sentido tanta loita por conseguila.

    Posted by saidom | 18/09/2011, 12:03 am

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: