O actual deputado do PSOE, Domingo Tabuyo, postulouse onte para volver a formar parte da candidatura socialista na provincia de Pontevedra. Tabuyo, que foi portavoz local en Cambados e que abandounou dito posto tralo descenso electoral do pasado Maio, confirmou segundo Diario de Arousa que aspiraba a concurrir como número 3 do PSOE.
Pero tamén o alcalde d’A Illa, Manuel Vázquez, sinalou que quere ocupar esa posición. Segundo o Diario de Arousa o propio Vázquez conta con máis apoios para finalmente facerse co posto, xa que se considera que é tempo de renovación (Tabuyo leva dúas lexislaturas no Congreso) para ilusionar ao electorado. O xoves saberase o resultado da elección interna desta formación.
O que está por ver é se os socialistas consiguen manter ese terceiro deputado pola provincia nesta ocasión, que se presenta verdadeiramente difícil para o PSOE segundo todos os sondeos.
DUARTE CORREA NA CANDIDATURA DO BLOQUE
Pola parte nacionalista, o BNG presentou esta semana as súas candidaturas para Congreso e Senado. O BNG anunciou que o sindicalista da CIG-ensino afincado en Oubiña, Duarte Correa, formará parte da lista á Cámara Baixa. Ocupará o número cinco da candidatura. O BNG presenta unha candidatura de continuidade, na que repiten postos de saída n’A Coruña e Pontevedra os xa deputados Francisco Jorquera e Olaia Fernández Davila, respectivamente.
Conversa
Aínda non hai comentarios.