Sae hoxe no xornal da Voz de Galicia que o alcalde de Cambados inaugurou o curso escolar no Colexio dos Salesianos de Castrelo e impartiu unha conferencia sobre o ano Asorey.
Nada que obxectar se non soubese que no pasado curso o instituto no que eu traballo o invitou en dúas ocasións a asistir aos actos de homenaxe en honra de Asorey que fixemos e nin el, nin ningún representante do Concello asistiu.
O cal me fai pensar (e eu son moi mal pensada) que vai máis a gusto a un centro privado que a un público. E esto dáme pé a comentar que me parece que ao PP lle gusta máis o modelo privado de ensino que o público.
O público sae máis caro, os profesores somos seleccionados por procedementos nos que non lle debemos o posto a ninguén , temos unha xornada razonable de traballo e podemos protestar cando non estamos dacordo porque en principio temos “o privilexio” dun posto fixo (é un privilexio ou un dereito?). Os profesores da privada terían moito que dicir (en privado o din) das súas condicións de traballo, pero nos tempos que corren eso podía significar o despido inmediato.
Ao PP gústalle máis un modelo de ensino onde os profesores traballan máis (non sei si mellor), non protestan e no que se trasmite unha ideoloxía máis afín aos seus intereses. E non dubidedes que cara iso imos se non lle facemos fronte pais, nais e profes. Pensade niso nestes días de mobilización que veñen.
Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.
É un tema que leva anos nos xornais. En 2008 a concesionaria da piscina municipal renunciaba ás instalacións polas altas facturas relacionadas con mantemento debido ás grandes perdas de calor. A culpa era da cuberta móbil, que no seu momento o Concello defendeu para compatibilizar piscina climatizada con piscina de verán.
Unha semana despois dese toque de atención a Corporación acordou acometer obras de mellora, non sen que o voceiro do BNG lembrara que esta formación sempre se amosara a favor dunha cuberta fixa e non pola que finalmente se optou e demostrou non ser válida. Pero non foi até 2010 cando a Consellaría de Deportes anunciou que as obras sairían a licitación. Seguir lendo