//
estás a ler...
., Artigos de opinión, Maribel Iglesias

O PP e a educación pública


Sae hoxe no xornal da Voz de Galicia que o alcalde de Cambados inaugurou o curso escolar no Colexio dos Salesianos de Castrelo e impartiu unha conferencia sobre o ano Asorey.

Nada que obxectar se non soubese que no pasado curso o instituto no que eu traballo o invitou en dúas ocasións a asistir aos actos de homenaxe en honra de Asorey que fixemos e nin el, nin ningún representante do Concello asistiu.

O cal me fai pensar (e eu son moi mal pensada) que vai máis a gusto a un centro privado que a un público. E esto dáme pé a comentar que me parece que ao PP lle gusta máis o modelo privado de ensino que o público.

O público sae máis caro, os profesores somos seleccionados por procedementos nos que non lle debemos o posto a ninguén , temos unha xornada razonable de traballo e podemos protestar cando non estamos dacordo porque en principio temos “o privilexio” dun posto fixo (é un privilexio ou un dereito?). Os profesores da privada terían moito que dicir (en privado o din) das súas condicións de traballo, pero nos tempos que corren eso podía significar o despido inmediato.

Ao PP gústalle máis un modelo de ensino onde os profesores traballan máis (non sei si mellor),  non protestan e no que se trasmite unha ideoloxía máis afín aos seus intereses. E non dubidedes que cara iso imos se non lle facemos fronte pais, nais e profes. Pensade niso nestes días de mobilización que veñen.

Maribel Iglesias. Le todos os seus artigos premendo aquí.
Tamén podes seguila nun blog sobre Asorey ou no blog de xeografía crítica O Umia.

Advertisements

Conversa

One thought on “O PP e a educación pública

  1. Confeso que pensei exactamente o mesmo cando lin que Aragunde asistira á inauguración dos Salesianos. Nestes tempos que corren, nos que se pretende dinamitar o ensino público poñendo á poboación en contra dos mestres, é hora de plantar cara á ofensiva e defender o único modelo xusto: o público. O de todos. E por iso non só os profesores deberían saír a rúa.

    Posted by Óscar | 17/09/2011, 7:23 pm

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

%d bloggers like this: