//
estás a ler...
., Cambados

O BNG acusa ao Concello de facilitar unha lista irreal de convidados ao Xantar do Albariño


Logo de máis de un ano de espera o BNG de Cambados atopouse cunha lista sen credibilidade e sen a información requerida. Sen credibilidade porque a famosa relación de persoas inclúen a xente que non foi ao Xantar (como os propios concelleiros do BNG) e outra que si foi non está nela. Concretamente o Concello admite ter convidado “só” a 278 persoas en 2010 e 221 en 2011. Os nacionalistas cren que estas cifras son irrais; non reflicten a afluencia de xente ao Xantar porque, por exemplo, no caso dos concelleiros estaban autorizados a levar acompañante, polo que a cifra dada podería multiplicarse por dous no mellor dos casos.

E sen a información requerida porque aínda que o BNG pedía os nomes dos convidados e a razón pola cal se cursaba o convite, o Bloque só recibiu unha simple relación de nomes na que o único que queda claro é que “o único criterio para a elección dos convidados é que sexan do PP”, segundo Víctor Caamaño.

Caamaño lamentou que o Concello obrigue á súa formación a especular co número de persoas que foron convidadas cos cartos dos cambadeses, e calcula que o gasto do Xantar non baixou en ningún caso dos 20.000 euros.

Ademais criticou abertamente ao alcalde, Luís Aragunde, e o seu discurso sobre a “austeridade”, xa que aínda que a representación institucional debería ser simbólica, ao Xantar se convida a todos os concelleiros da Corporación (Caamaño sinalou que con un representante por formación abondaría), e a un gran número de cargos do mesmo departamento da Xunta ou da Deputación.

En concreto na lista de 2010 aparecen 72 cargos do goberno galego (un cuarto dos convidados recoñecidos por Aragunde) en moitos casos directores xerais, conselleiro e persoal dun mesmo departamento; cando Caamaño cre que con convidar a un por área chegaría, e tan só ás de Medio Rural e Turismo, as relacionadas coa Festa do Albariño.

Tamén recoñece na lista o goberno local convites a deputados provinciais, presidente e vicepresidentes da Deputación e deputados e senadores en Madrid. Casualmente “todos do PP”, precisou Víctor Caamaño. Nas listas aparecen arredor de vinte alcalde convidados, o BNG critica que non haxa ningún tipo de criterio para a súa elección, xa que moitos nin sequera pertencen aos Concellos da DO Rías Baixas.

Tamén aparecen máis de vinte cabaleiros e donas do Albariño cada ano, cando Caamaño cre que só deberían convidar, como moito, aos do ano anterior. Co agravamente, volveu sinalar, que “a maioría son do PP”.

Lamentablemente non podemos facilitar, polo menos non polo de agora, as listas completas confeccionadas polo goberno local. Se o BNG as “libera” (como desde logo opina quen redacta esta nova) serán publicadas íntegras de inmediato neste espazo para a súa análise. A pesar de que a priori a súa credibilidade parece estar seriamente en entredito.

Imaxe e información recollidas de Diario de Arousa

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

RSS Praza Pública – Novas

  • An error has occurred; the feed is probably down. Try again later.
wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

A %d blogueros les gusta esto: