//
estás a ler...
., Cambados

O alcalde non nega que a lista sexa irreal, e di que o Xantar é “unha inversión” e non un gasto


O alcalde de Cambados agardou estratéxicamente ao sábado para respostar ao BNG (o domingo é o día de maior tirada dos xornais). E os periódicos proporcionáronlle o esperado soporte.

Aragunde non entrou ao fondo da cuestión, que era neste caso a irrealidade dos datos que o Concello aportou á oposición, e tan só afirmou que o Xantar non é un gasto senón “unha inversión”. Voltou á carga coa idea de que o BNG non apoia a Festa do Albariño (a pesares de que os concelleiros do Bloque negaron este suposto en numerosas ocasións e só se opoñen á politización da mesma) afirmando que “se declararon na insubmisión institucional nos actos do Albariño e logo son os primeiros en participar no ambiente de Festa e en erixirse como inventores da troula”.

Ademais, Aragunde opina que as críticas “obedecen a unha estratexia de demagoxia e intento de desgaste do goberno municipal da á que xa nos ten acostumados o grupo frontista”. Facendo números (que por certo, lamentablemente estes números tampouco son públicos), o alcalde dixo que o Xantar se paga co aluguer na carpa gastronómica e que incluso eses ingresos chegan para sufragar máis gastos da Festa.

Imaxe extraída de La Voz de Arousa

Advertisements

Conversa

Aínda non hai comentarios.

Deixar unha resposta (o comerntario deberá ser aprobado polo administrador antes de ser visible)

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Nas redes sociais

Setembro 2011
L M M X V S D
« Ago   Out »
 1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Arquivo

wordpress counter

Escribe o teu enderezo de correo electrónico para seguir este blogue e recibir notificación dos novos artigos.

Segue CTK en Facebook

%d bloggers like this: